Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Aberto o prazo para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos

O prazo remata o 31 de xaneiro e poden presentarse propostas tanto á categoría internacional como local. Neste caso, as candidaturas estarán referidas ao ámbito de actuación de cada Rede Acampa conformada: Galicia (a partir de esta edición, Madrid, Brasil e Portugal.  
Aberto o prazo para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos
WEB ACAMPA-098
WEB ACAMPA-098

A Coruña, 12 de novembro 2021.- A Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio busca de novo a complicidade de todas as organizacións e particulares que a integran para a presentación de candidaturas á segunda edición dos Recoñecementos Internacionais Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos na categoría internacional e local. Trátase de elixir entre todos as entidades e persoas merecedoras do aplauso colectivo do Movemento Acampa pola defensa dos Dereitos Humanos, o Dereito a Refuxio e a Defensa da Paz e o Diálogo coma maneira de resolver os conflitos.  

O proceso é ben sinxelo. Todas as organizacións que integran, con carta de adhesión, a Rede Acampa Internacional, as persoas que consten rexistradas como asociadas á mesma, e os equipos de coordinación locais de Acampa Internacional poden presentar as súas propostas. É ben doado, só hai que facer chegar dixitalmente, ao correo electrónico [email protected] un breve resumo dos motivos da proposta, con fotografía do candidato/candidata ou logotipo da organización e biografía ou memoria dos mesmos. Está todo, ben detallado no enlace: 

https://redeacampa.org/gl/ii-reco-bases-acampa-2022/ 

O Recoñecemento pretende pór o foco mediático e evidenciar a situación de retroceso dos Dereitos Humanos en todo o mundo e a importancia de recuperalos e defendelos coa forza e resiliencia que demostran os receptores deste Recoñecemento. 

O prazo para presentar candidaturas para o Recoñecemento Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2022 finaliza o 31 de xaneiro de 2022. Podedes postular candidaturas ao Recoñecemento Internacional e tamén ao local en cada cidade ou área na que a Rede Acampa está conformada. No caso concreto de Galicia, e a partir desta segunda edición, amplíase o ámbito do Recoñecemento a organizacións e persoas de todo o territorio galego. 

Votacións 

Unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, abrirase un periodo de votación no que poderán participar todas as persoas acreditadas como asociadas a unha das organizacións Acampa e todas as organizacións da Rede Acampa (cun voto por organización).  A votación para o Recoñecemento Acampa 2022 será do 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2022. 

Coma xa ocorreu en setembro co MST brasileiro (Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra) e o activista coruñés Nicanor Acosta, receptores do I Recoñecemento Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos, as organizacións ou persoas elixidas receberán unha Carta de Recoñecemento destacando o labor que se pon en valor e unha peza representativa do Recoñecemento Acampa, obra da escultora Pilar Subías. Tamén  o máis sonoro e sincero aplauso colectivo de todo o Movemento Acampa polo seu compromiso exemplar na defensa dos Dereitos Humanos.  

Comentarios
Aberto o prazo para presentar candidaturas ao II Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos