Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Acampa pola Paz apadriña á activista palestina, Janna Yihad, e ao líder indíxena guatemalteco, Bernardo Caal, nunha campaña de Amnistía Internacional

Janna Yihad é unha moza de só 15 anos, acosada por denunciar a violencia de Israel contra os habitantes dos territorios palestinos ocupados e Bernardo Caal é un activista indíxena encarcerado en Guatemala pola súa oposición á creación de centrais hidroeléctricas no río sacro da súa comunidade.
Acampa pola Paz apadriña á activista palestina, Janna Yihad, e ao líder indíxena guatemalteco, Bernardo Caal, nunha campaña de Amnistía Internacional
Bernardo Caal
Bernardo Caal

Ademais destas dúas persoas, a lista de apadriñados por distintos colectivos en Galicia inclúe tamén ao nixeriano Imoleayo Michael, encerrado nunha cela subterránea por protestar contra a violencia policial; a mexicana Wendy Galarza, ferida de bala cando protestaba pola violencia contra as mulleres; Mohamed Baker (Exipto), encerrado por defender a liberdade e a xornalista chinesa Zhang Zhan, encarcerada por informar da COVID-19. 

A Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio súmase ás accións de Amnistía Internacional (AI) para conmemorar o 73 aniversario, o próximo 10 de decembro, da Declaración Universal de Dereitos Humanos. Faino apadriñando á moza activista palestina, de só 15 anos, Janna Yihad, acosada por enfrontar e denunciar a violencia de Israel contra o seu pobo nos territorios ocupados e o líder indíxena guatemalteco, Bernardo Caal, en prisión por opoñerse á instalación dunha empresa hidroeléctrica no río sacro da súa comunidade. A organización internacional analiza o cumprimento dos mandatos da Declaración, tres cuartos de século despois da súa aprobación, focalizando en situacións concretas, en casos de persoas de diferentes lugares do mundo, como son as dúas propostas por Acampa, cuxos Dereitos Humanos están a ser vulnerados. Ademais de dar visibilidade a esas situacións específicas, a campaña inclúe “retos” en redes sociais para actuar a favor desas persoas e das súas causas. 

Nun acto de Amnistía Internacional, que se celebrará o propio 10 de decembro, no Circo de Artesáns da Coruña, representantes de Acampa expoñerán a situación dos dous activistas sobre os que queren poñer o foco, e describirán tamén o marco de vulneración de dereitos e violencia no que desenvolven a súa loita. Janna Yihad e Bernardo Caal forman parte dun grupo de seis activistas, propostos por distintos colectivos, sobre os que Amnistía Internacional focalizará a súa campaña. Os outros catro son o nixeriano Imoleayo Michael, encerrado nunha cela subterránea por protestar contra a violencia policial; a mexicana Wendy Galarza, ferida de bala cando protestaba pola violencia contra as mulleres; Mohamed Baker (Exipto), encerrado por defender a liberdade e a xornalista chinesa Zhang Zhan, encarcerada por informar da COVID-19. 

Desde o domingo 29 e ata o acto do 10 do decembro haberá campañas en redes sociais a favor destas seis persoas como modo de presión para cambiar a situacións de abuso e persecución que sofren e dar solución ás causas que representan. O reto “Dez días polos Dereitos Humanos”, que terá como protagonistas a estas persoas, desenvolverase en RRSS os días 29 de novembro e 1, 2, 5, 7 e 9 de decembro. Máis información.

Janna Yihad, de 15 anos, vive na Cisxordania ocupada. Cando tiña sete anos, as forzas armadas israelís mataron o seu tío. Janna usou o teléfono da súa nai para gravar e revelar ao mundo a brutalidade racista que sofre a súa comunidade. Aos 13 anos foi recoñecida como unha das xornalistas máis novas do mundo, que documentaba o trato opresivo e a miúdo letal inflixido polo exército israelí á poboación palestina.

Bernardo Caal e a súa comunidade protestaron cando unha empresa autorizada polo goberno represou o seu río sacro, o Cahabón, en territorio maya q' eqchi, para construír dúas centrais hidroeléctricas. Despois de reiteradas acusacións infundadas, en 2018 foi declarado culpable sen ningunha proba e condenado a máis de sete anos de cárcere.         

 

Acampa pola Paz apadriña á activista palestina, Janna Yihad, e ao líder indíxena guatemalteco, Bernardo Caal, nunha campaña de Amnistía Internacional