Foro Galego de Inmigración | nota de prensa

Foro Galego de Inmigración: colapso dos servizos de Estranxeiría

O Foro Galego de Inmigración  en relación  coas  informacións aparecidas sobre o colapso dos servizos de Estranxeiría, informa:

Foro Galego de Inmigración: colapso dos servizos de Estranxeiría
  1. Esta situación é estrutural e habitual. As persoas estranxeiras residentes en Galicia e na Comarca de Santiago de Compostela en concreto veñen sufríndo a precariedade nos servizos de atención a este colectivo dende hai moitos anos. A comisaria de Santiago de Compostela está a dar citas para solicitar protección internacional para o mes de abril do ano 2023. 
  2. As subdelegacións de goberno de Galicia presentan idéntico problema, nomeadamente no caso do de A Coruña. Isto supón graves prexuízos na tramitación dos expedientes para as persoas afectadas, que veñen sufrindo as persoas migrantes residentes en Galicia dende hai moitos anos. Temos reclamado directamente en diferentes ocasións alternativas a modalidade de cita telemática, que resulta moi complexa para as persoas que carecen de recursos telemáticos, e a implementación do persoal preciso e dos medios técnicos para dar unha atención digna as persoas migrantes.
  3. O Foro Galego de Inmigración que, xunto con outras entidades, ven denunciando esta situación dende hai varios anos, esixe uns servizos públicos axeitados para as persoas migrantes residentes na Galiza, independentemente da súa procedencia. Non se trata de solidariedade, é unha cuestión de respeto básico aos dereitos das persoas.  

 

Foro Galego de Inmigración: colapso dos servizos de Estranxeiría