Asociación Veciñal Agra | nota de prensa

Presentación do premiado "Onde caben dous, caben cinco"

O vindeiro mércores 21 de setembro, ás 19 h na aula 9 do Centro Ágora, teremos a oportunidade de coñecer o magnífico traballo de estatística "Onde caben dous, caben cinco", feito por alumnado do I.E.S. Agra Do Orzán.
Presentación do premiado "Onde caben dous, caben cinco"

Comparten autoría Pablo Araújo Rodríguez, Florencia Isabel Balmelli Rivero, Eduardo A. Tella Vidal e Isabel Rodríguez Polín, alumnado de 1° de bacharelato, do Club Estatístico do IES Agra do Orzán, titorizado pola súa professora de Matemáticas, María Anxo Martínez Rodríguez. Contaron coa colaboración da ONG Ecos do Sur.

Neste traballo fixeron unha análise social e demográfica da cidade da Coruña, cunha especial énfase nos factores relacionados coa inmigración no barrio e no IES do Agra do Orzán, un exemplo de centro integrador e multicultural, que ten unha porcentaxe superior a 15 % de alumnado estranxeiro.

Este traballo de ciencia con óptica social obtivo o primeiro premio no XII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, organizado pola Sgapeio -Sociedade Galega para a promoción da Estatística e para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións—. Logo presentouse na XI fase estatal, en que gañaron tamén o primeiro premio na súa categoría.

A entrada é de balde, como en todas as actividades do programa Agra no Ágora.

Presentación do premiado "Onde caben dous, caben cinco"