Plataforma de afectadaspola ampliación do CHUAC

Ampliación do vello CHUAC: confirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís

A Plataforma de afectadas pola ampliación do VELLO CHUAC reuníuse tralas entrevistas mantidas co director da Axencia Galega de Infraestruturas, nas que se confirmaba que o número de vivendas afectadas polo plan da Xunta de ampliar o CHUAC chega a agora  a 27 (e non as 19 que Xunta e Concello levan 2 anos dicindo).
Ampliación do vello CHUAC: confirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís

Trátase de 2 vivendas na rúa Inés Debén, 3 na Avenida da Pasaxe, 8 en Curramontes e  14 no Castaño de Eirís. 27 vivendas, arredor de 100 persoas que quedarán sen fogar. 

A Coruña, 17/02/2022 - É a primeira vez que estas persoas reciben información directa por parte da administración dende que hai máis de 2 anos o Presidente da Xunta anunciara que renunciaba a facer un hospital  novo para A Coruña e que ían ampliar o Vello CHUAC pero poñendolle un cartel que dixese que era novo. 2 anos nos que a veciñanza afectada e o barrio traballaron man a man para dar a coñecer á  cidadanía o que ía acontecer. 

Na xuntanza, ademais de poñer en común o falado nas entrevistas individuais que mantiveron nos Novos Ministerios acordaron seguir loitando contra o derrubo das súas vivendas, e contra a decisión arbitraria que hai por detrás:  

- Partíase de máis de 400 millóns de euros, pero a cifra xa é incalculable, posto que segundo  anunciou a Conselleira Ethel Vázquez permitirán que suba coa subida de prezos dos materiais. E  todo para seguir ampliando un hospital sobre un esqueleto (o vello CHUAC) que leva anos mostrando que está vello, e que o que se precisa para esta cidade e a Área Sanitaria A Coruña CEE é un hospital novo, accesible, nun espazo aberto e con posibilidades de futuro. 

- Xunta e Concello avanzan nese proxecto abocado ó fracaso, negándonos a posibilidade de ter unhas instalacións sanitarias novas, xogando co futuro e os cartos de toda a contorna, e arrasando  novamente con parte do barrio de Eirís. 

  • NOVO CHUAC SÍ, PERO NON ASÍ!! 
  • MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL!! 
  • A CORUÑA MERECE UN HOSPITAL NOVO!!

AVV de Eirís "Uxío Carré"

Ampliación do vello CHUAC: confirmase o derrubo de 27 vivendas en Eirís