SANIDADE PÚBICA

"Atención Primaria digna. Seguimos"

En reunión celebrada no colexio médico o mércores pola tarde, a Coordinadora de A Coruña acorda apoiar a concentración promovida pola Coordinadora Galega para hoxe xoves día 11 de abril, día da atención primaria, en todos os centros de saúde galegos

"Atención Primaria digna. Seguimos"

Proponse a todos os centros de saúde da área da Coruña-Cee facer unha concentración ás 12 e ás 18 horas, dunha duración esta vez de 15 minutos.

Proponse usar o lema de Atención Primaria digna. Seguimos.

Acórdase continuar coas mobilizacións e recordarlle á Consellería que seguimos aquí e seguiremos. Temos 5 puntos irrenunciables na nosa táboa reivindicativa:

  • Estrutura propia de xestión, de atención primaria
  • Incremento progresivo do financiamento
  • Aumento de persoal en todas as categorías
  • Rematar coa precariedade. Modificar e mellorar o contrato eventual de estabilidade
  • Rematar co conflito de PAC 

Comentarios
"Atención Primaria digna. Seguimos"