BNG | nota de prensa

O BNG formula unha proposición non de lei no Parlamento para a Xunta cubrir o catálogo de docentes no Sagrada Familia e nomear unha especialista en Educación Musical a tempo completo

A deputada do BNG Mercedes Queixas rexistrou unha batería de iniciativas –proposición non de lei e preguntas orais- no Parlamento galego por medio das cales insta a Xunta a que cubra o catálogo de docentes no CEIP Sagrada Familia e, en concreto, nomee unha especialista en Educación Musical a tempo completo.
O BNG formula unha proposición non de lei no Parlamento para a Xunta cubrir o catálogo de docentes no Sagrada Familia e nomear unha especialista en Educación Musical a tempo completo

A Coruña, a 16 de outubro de 2021. De acordo co catálogo de postos de traballo publicado no DOG a 6 de agosto de 2021, o CEIP Sagrada Familia debería contar con dúas prazas de profesorado especialista en música para o curso 2020-2021. Mais iso non está a ser así e neste momento só se se cubriu unha desas dúas prazas, denuncia Mercedes Queixas

Dáse a circunstancia de que o único docente con esa especialidade en todo o CEIP Sagrada Familia ostenta a responsabilidade da dirección do centro, “o que está a imposibilitar o desenvolvemento do horario completo que lle corresponde ás súas funcións directivas”, remarca Queixas.

O despropósito complétase co feito de que a Consellaría de Educación acaba de lle asignar funcións como docente de Educación Musical en primaria a unha persoa que non ten formación específica nesa materia e que, en troca, é especialista en Lingua Estranxeira (Inglés). Para máis inri, “non ten dedicación completa no CEIP Sagrada Familia, senón que ten que compartir a docencia neste centro co CEIP Vales Villamarín de Betanzos”, anota a parlamentar nacionalista. Unha decisión da Consellaría que, alega Queixas, “en absoluto se pode entender” como encamiñada a “resolver as carencias educativas do centro provocadas pola irregular xestión” do Goberno galego.

Por todo isto, Queixas presenta iniciativas visando que a Xunta nomee de urxencia unha docente coa especialidade de Educación Musical a tempo completo e cumpra así coa súa propia legalidade, establecida na orde de 22 de xullo de 2021 publicada no DOG a 6 de agosto de 2021.

O BNG formula unha proposición non de lei no Parlamento para a Xunta cubrir o catálogo de docentes no Sagrada Familia e nomear unha especialista en Educación Musical a tempo completo