Causa Galiza

O BNG pide á Xunta que solicite o arquivo das accións xudiciais contra 9 independentistas galegos

O BNG insta ao goberno galego a “condenar a ilegalización de Causa Galiza e a utilización do aparato institucional para a persecución de ideas políticas democráticas”.

O BNG pide á Xunta que solicite o arquivo das accións xudiciais contra 9 independentistas galegos
Ana Ponton en rolda de prensa este luns no Parlamento
Ana Ponton en rolda de prensa este luns no Parlamento

o bng rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que solicita "o arquivo da causa aberta contra nove militantes” desa organización, despois de que a Audiencia Nacional deixara sen efecto a suspensión cautelar da súa actividade

No texto da proposición que acompaña a unha nota de prensa remitida este domingo aos medios, o grupo parlamentar do BNG advirte que a operación Jaro, que se iniciou o 29 de outubro de 2015, foi “un operativo policial, mediático e xudicial contra o independentismo galego” que “non deu lugar á localización de probas da comisión de ningún delito”.

O BNG insiste en que en decembro pasado a Audiencia Nacional recoñeceu de forma implícita “a falta de base para a acusación”, máis mantivo o procesamento dos nove militantes baixo a acusación de integración en banda armada e enaltecemento do terrorismo. “Resulta cando menos paradoxal que se asuma a legalidade da organización e se manteña unha acusación tan grave contra militantes da mesma”, conclúe o escrito asinado polas seis deputadas nacionalistas.

O BNG pide á Xunta que solicite o arquivo das accións xudiciais contra 9 independentistas galegos