Deceso

O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Pepe Lorenzo

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en representación de toda a profesión, recibe con tristura a triste nova do falecemento do colexiado Pepe Lorenzo, ocorrido a pasada noite do sábado na Coruña, e traslada as súas condolencias á familia e amigos.
O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Pepe Lorenzo

Xosé Lorenzo Regal, coñecido como Pepe Lorenzo, nacido en Ferrol fai 68 anos, comezou a súa traxectoria no xornalismo en El Ideal Gallego e desempeñou o cargo de xefe de prensa do Concello co primeiro goberno municipal democrático. Destacou como crítico teatral en varios medios galegos e foi responsable de comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009. Na Coruña, fundou Filtro, unha das primeiras empresas de comunicación en Galicia, e colaborou con entidades como o Porto da Coruña, a Confederación de Empresarios, o antigo Hospital Juan Canalejo ou a Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Participou como tertuliano en varios medios e foi vogal do Consello Asesor de Radiotelevisión Española en Galicia, ademais de ser membro do Club de Prensa de Ferrol e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O velorio de Pepe Lorenzo tivo lugar no tanatorio Servisa da Coruña, e ás 17:00 horas realizouse a cremación. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta profundamente a perda deste colega e envía o seu apoio e cariño á familia e amigos.

O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Pepe Lorenzo