Para promover outras formas de economía que poñen ás persoas no centro da súa actividade

O goberno local impulsa a I Feira de Economía Social

O concelleiro Alberto Lema sinala que as xornadas, que terán como protagonista o cooperativismo, celebraranse os días 29 e 30 no Campo da Leña e contarán con propostas abertas a todos os públicos

O goberno local impulsa a I Feira de Economía Social
Alberto Lema
O edil Alberto Lema presentou a Feira de Economía Social

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a I Feira de Economía Social da Coruña, una proposta impulsada polo goberno local en colaboración coas principais entidades galegas que traballan no eido do cooperativismo, e que se celebrará no Campo da Leña os días 29 e 30 de setembro. Tal e como destacou o edil, o obxectivo que persegue a organización destas xornadas é "dar a coñecer e promover entre a cidadanía unha tipoloxía diferente de entender a economía, na que as traballadoras e os traballadores se sitúan no centro". "A diferencia doutros modelos que buscan maximizar o lucro a curto prazo, a economía social ten como prioridades outras cuestións, como poden ser o coidado do emprego ou do cadro de persoal da entidade, que á vez é copropietario da mesma", expuxo Lema, quen defende que a aposta por esta iniciativa "é un paso máis na liña de traballo que está a seguir o Concello de fomentar e difundir o cooperativismo, compromisos que son unha realidade partindo do propio nome desta Concellería, ou da súa unión á Rede Eusumo desde o ano pasado".  Así, durante estes dous días, máis de 20 cooperativas exporán no Campo da Leña os seus produtos e servizos para darse a coñecer entre a veciñanza, unha proposta que se complementará con concertos, conferencias, proxeccións e actividades abertas a todos os públicos, en especial o infantil, durante a xornada do sábado.  

O Programa

Venres 29 de setembro:

Espazo ÁGORA

17:00h. Acto inaugural.
17:30h. A economía social na Coruña, charla de presentación coas entidades colaboradoras.
18:30h. Laboratorio de Economía Feminista, obradoiro teórico-práctico (REAS Galicia)
19:30h. As cláusulas sociais na contratación pública, foro de debate moderado por REAS Galicia.
20:30h. Des-integrando estilos, culturas e xe-racions, Sesión DJ a cargo de Jas Processor (7H Cooperativa Cultural)

Outro espazo: ACCEDE PAPAGAIO (Rúa Hospital, 19, A Coruña)

19:30h. Proxección do documental Alpuxarras (Cooperativa de Cine e Documental)

Sábado 30 de setembro:

Espazo INFANTIL

11:00 - 14:00h. / 17:00 - 20:00h. Xogando Miudiño, espazo de xogos libre con brinquedos tradicionais (Miudiño
Cooperativa Galega).
12:00h. Laboratorio de modelaxe con pasta fría, obradoiro para toda a familia (7H Cooperativa Cultural).
13:00h. Laboratorio de creación de queixos, obradoiro para crianzas (Cooperativa de produtores do Campo Capela).
17:30h. Laboratorio de creación de moda sostible, obradoiro para crianzas entre os 11 e os 16 anos (7H Cooperativa Cultural, COREGAL e ARROUPA).

Espazo ÁGORA

10:30h. Consumir diferente, charla sobre consumo responsable (ZocaMiñoca)
12:00h. E tí, coñeces a fórmula cooperativa? charla informativa sobre emprendemento cooperativo (EspazoCoop, unión de cooperativas galegas)
17:00h. Comercio xusto vs Comercio tradicional, obradoiro sobre comercio xusto (Solidariedade Internacional e Intermón Oxfam).
18:00h. Alpuxarras, coloquio en torno ao documental galego (Cooperativa de Cine e Documental).
19:00h. Cé orquestra pantasma, actuación escénica-musical (Miudiño Cooperativa Galega).
21:00h. Recital AldaoLado, espectáculo multidisciplinar (Lucía Aldao e María Lado).

Expositores na Feira do Campo da Leña

CULTURA

  • Melandrainas, S.Coop. Galega
  • Cooperativa de Cine e Documental

SERVIZOS

  • Pegadas, S.Coop. Galega
  • GRAFINCO Deseño e Impresión
  • Medatlantia,S.Coop. Galega
  • Gálica Consultoría e Formación,
  • S.Coop. Galega
  • Combina Social
  • Compostela inserta
  • Activa Social
  • Artegalia Economía Social
  • Feito Pontevedra
  • Cormo Integral

ALIMENTACIÓN

  • Bico de Xeado
  • Hornos de Lamastelle
  • Cooperativa de Produtores Campo
  • Capela

CONSTRUCIÓN

  • Properdis

CONSUMO

  • Arroupa EIL
  • Zocamiñoca
  • ​MOV3

ASOCIACIÓNS SOLIDARIAS

  • Intermon Oxfam
  • Solidariedade Internacional
  • Amarante Setem

 

Comentarios
O goberno local impulsa a I Feira de Economía Social