Día da República

Rebeldía Galicia, a mocidade de Podemos, empurra para que se faga cumplir a Lei de Memoria Histórica no territorio galego

Na nosa comunidade hai hoxe 602 símbolos que conmemoran a persoeiros relacionados coa sublevación do 36, a Guerra Civil ou a Ditadura, entre eles rúas; retratos, distincións honoríficas, centros de ensino e escudos, placas, monumentos e grupos de vivendas 

Rebeldía Galicia, a mocidade de Podemos, empurra para que se faga cumplir a Lei de Memoria Histórica no territorio galego
photo_2021-04-14_11-58-35
photo_2021-04-14_11-58-35

Mércores, 14 de abril de 2021. Rebeldía Galicia ven de presentar mocións nunha vintena de concellos galegos reclamando a retirada das pegadas facistas aínda vixentes no seu territorio, ademáis de propostas para a conservación e divulgación da memoria histórica no país. A iniciativa, realizada en colaboración con Podemos Galicia cando se conmemora o noventa aniversario da proclamción da II República, inclúe a exposición nas rúas das biografías dos fascistas homenaxeados por esa simboloxía, coa intención de crear conciencia colectiva. 

“A intención non é borrar a historia, senón reparala con verdade, memoria e xustiza”, subliñan Aitor Neira e Tamara Deza, voceiros de Rebeldía Galicia. “A sociedade ten unha gran responsabilidade colectiva coa historia para que non se volva a repetir. Por iso, sentímonos na obriga de pedir hoxe aquí unha cousa moi sinxela: que se cumpra a lei”. 

A Lei 52/2007 de 26 de decembro, chamada Lei de Memoria Histórica, dicta no seu artigo 15.1 que as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, serán as encargadas de tomar as medidas oportunas para a retirada de simboloxía ou honores de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, a Guerra Civil ou a Ditadura. 

Rúa Pedro Barrié de la Maza

Segundo os datos que puido recabar Rebeldía Galicia, a comunidade autónoma conta na actualidade con 602 símbolos que conmemoran a persoeiros que foron claves, importantes ou destacados no período escuro da sublevación, na Guerra Civil ou na Ditadura: 

A memoria é un pilar fundamental da saúde democrática dun territorio, mais en Galicia semella estarse a desvanecer ante as novas xeracións, que medran totalmente alleas ao pasado; cando é precisamente a mocidade a encargada de conservar, coidar e construír a memoria dende a verdade. Por iso Rebeldía Galicia entende que deben ser os máis novos quen leven a iniciativa para que se cumpla a Lei de Memoria Histórica no territorio galego, catorce anos despois da súa entrada en vigor. 

 

Comentarios
Rebeldía Galicia, a mocidade de Podemos, empurra para que se faga cumplir a Lei de Memoria Histórica no territorio galego