BNG | nota de prensa

En resposta ao BNG, o goberno central afirma que no orzamento para 2022 hai partidas para financiar as gardas de 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo

O Ministerio de Xustiza ve “viábel” que se implanten as gardas de 24 horas nos partidos xudiciais de Vigo e A Coruña e afirma que esta medida “contaba con asignación no orzamento de 2021, que igualmente está incluída nas previsións do orzamento para 2022”.
En resposta ao BNG, o goberno central afirma que no orzamento para 2022 hai partidas para financiar as gardas de 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo

A Coruña, a 27 de decembro de 2021.- Así responde o Goberno central a unha pregunta formulada ao respecto polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Na cuestión que dá orixe a esta resposta gobernamental, o parlamentar nacionalista remarcaba que os da Coruña e Vigo son os únicos partidos xudiciais de todo o Estado que, aínda reunindo os requisitos precisos, non dispoñen aínda dun sistema de gardas cuxa implantación é necesaria “para a mellor salvagarda dos dereitos fundamentais” da veciñanza de ambas cidades galegas.

A implantación deste sistema de gardas –que, remarca Rego, conta co apoio das organizacións sindicais, ben como da totalidade dos operadores xurídicos dos partidos xudiciais afectados-  foi demandada o 1 de outubro de 2021 pola sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. 

No texto da pregunta, o deputado nacionalista subliñaba que o sistema de gardas de 24 horas pode establecerse nos partidos xudiciais que, como os da Coruña e Vigo, conten con máis de 8 ou 9 xulgados de instrución.

Rego engadía igualmente que xa accederan a ese servizo os partidos xudiciais de Murcia, Granada, Las Palmas ou, máis recentemente, Córdoba.

En resposta ao BNG, o goberno central afirma que no orzamento para 2022 hai partidas para financiar as gardas de 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo