Memoria Celanova | Nota de prensa

A USC e o Goberno de Asturias comezan os trámites para a exhumación da fosa de Celanova

O equipo de Histagra, da Universidade de Santiago de Compostela, e a Dirección General de Justicia, departamento da Consejería de Presidencia del Gobierno de Asturias mantiveron o 17 de xaneiro pasado a primeira reunión conxunta para iniciar os trámites que permitan exhumar este ano, 2022, a fosa do cemiterio de Celanova, documentada polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, na que poderían estar soterrados sete milicianos asturianos fusilados o 22 de setembro de 1939 por un pelotón da Bandera de Falange de Marruecos.

A USC e o Goberno de Asturias comezan os trámites para a exhumación da fosa de Celanova
Gracia, unha das netas de Abelardo, en outubro de 2021 en Celanova
Gracia, unha das netas de Abelardo, en outubro de 2021 en Celanova

Francisco Serrulla, médico forense que fai parte do equipo de Histagra, encargado pola Xunta de Galiza de levar adiante exhumacións en Vilagarcía de Arousa e Crecente no segundo semestre de 2021, viaxou esta semana a Oviedo para realizar as probas de ADN a dúas familiares de dous dos asasinados en Celanova aquela mañá de setembro de 1939. 

Abelardo Suárez
Abelardo Suárez

Os nomes e as historias de Baldomero Vigil Escalera Vallejo, 19 años, pintor; Marcelino Fernández García, 21 años, mecánico; Guillermo de Diego Álvarez, 25 años, chofer; Alfonso Moreno Gayol, 26 años, chofer; Abelardo Suárez del Busto, 28 años, albanel; Belarmino Álvarez García, 29 años, mineiro; y Mariano Blanco

González, 36 años, litógrafo, coñécense desde que a primavera pasada o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova empezou a divulgar o resultado das súas investigacións nos Arquivos de Ourense e Ferrol, onde apareceron as causas destes sete asturianos capturados polas forzas sublevadas trala caída de Xixón a finais de outubro de 1937. 

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, que contou desde o principio co apoio do Goberno de Asturias, organizou un acto no Instituto de Celanova, prisión central desde a guerra até 1943, de homenaxe aos 7 fusilados o pasado 25 de setembro. A raíz da divulgación da súa memoria, apareceron familiares de dous dos asasinados: Abelardo Suárez del Busto e Marcelino Fernández García. Unha das familiares, Gracia, neta de Abelardo, visitou Celanova en outubro. Coa filla de Marcelino, Josefa, o Comité entrou en contacto a finais dese mesmo mes. 

A USC e o Goberno de Asturias comezan os trámites para a exhumación da fosa de Celanova