Galiza Nova | nota de prensa

Galiza Nova presenta V Semana da Patria e Homenaxe a Rosalía e Castelao 202

Marta Gómez, Secretaria Xeral, “é un orgullo presentar unha programación de máis de 50 actividades ao longo do noso país, para popularizar o Día da Patria Galega e facer avanzar a conciencia nacional entre a xente moza”
Galiza Nova presenta V Semana da Patria e Homenaxe a Rosalía e Castelao 202
IMG_0939
IMG_0939

Galiza, 12 de xullo de 2022.- Galiza Nova presenta a súa quinta edición da Semana da Patria Galega, cun programa de máis de 50 actividades ao longo de todo o país, co obxectivo de popularizar o día da patria e de facer avanzar a conciencia nacional entre a mocidade galega.

“O día da patria galega é un día de loita, de reivindicarnos como a nación viva que somos e de celebrar con orgullo a nosa identidade” afirmou Marta Gómez, Secretaria Xeral da organización, “para nós como nacionalistas é moi importante reivindicar e popularizar este día como se merece, por iso un ano máis presentamos a Semana da Patria, que con esta chega á súa quinta edición” continuou.

Durante a Semana da Patria, que dará comezo este xoves 14 de xullo, terán lugar en todo Galiza actos de todo tipo: palestras, coloquios, actos formativos, accións visuais, concertos… “Queremos que esta semana sirva para sumar máis mocidade á nosa loita, para construír unha nova Galiza na que as mozas e mozos non teñamos que emigrar polo desemprego e a precariedade” sinalou Marta.

A campaña concluirá o domingo 24 de xullo, previo ao día da Patria, coa xa tradicional Homenaxe a Rosalía e Castelao. “Neste ano no que por fin voltamos á normalidade queríamos facer unha homenaxe a dous galegos ilustres á altura da situación, por iso ademais das tradicionais intervencións políticas contaremos coas actuacións musicais do Rabelo e de Los Jinetes del trópico” dixo Marta.

A Homenaxe a Rosalía e Castelao dará comezo o domingo 24 de xullo ás cinco da tarde no parque de Santo Domingo de Bonaval. Ademais das xa mencionadas actuacións musicais, no acto terán lugar as intervencións de Uxía Pérez (militante de Galiza Nova), Marta Gómez (Secretaria Xeral da organización) e Ana Pontón (Voceira Nacional do BNG).

Programa de actividades

Galiza Nova presenta V Semana da Patria e Homenaxe a Rosalía e Castelao 202