8M 2021

8M 2021 en Oleiros

O grupo de galegas8mOleiros, quere informar, a través deste comunicado que, tras ter comezado no mes de decembro as reunións para preparar a convocatoria do 8 de marzo de 2021, este luns culmirarán as actividades, actos e intervencións de rúa programadas coa manifestación do 8 de marzo en Oleiros.

8M 2021 en Oleiros
8m Oleiros
8m Oleiros

Oleiros a 5 de marzo de 2021- Galegas8m é a plataforma que mobiliza as mulleres do país cada 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal.

Convocamos unha concentración que, como nos anos anteriores, levará a reivindicación feminista ás rúas o luns 8 de marzo na Praza Esther Pita ás 19.30h, baixo o lema SEN COIDADOS NON HAI VIDA. MULLERES EN FOLGA: ESENCIAIS, PRECARIZADAS E FARTAS!!!

Como nos anos anteriores, queremos que o 2021 en Galiza e, este ano en concreto en Oleiros, volte a ser un referente na mobilización das mulleres a nivel global, có berro do feminismo, tinxindo as rúas de lila.

Este 8 de marzo, novamente, poñemos os coidados no centro das nosas reivindicacións. Porque o traballo de coidados debe ser o centro e motor da vida. Visibilizaremos o que está invisibilizado.

Este ano voltaremos a convocar folga de 24 horas de mulleres, e facemos un chamamento ás mulleres galegas a sumarse, en concreto, ás mulleres de Oleiros a participar no acto convocado

  • Contra un sistema, capitalista e patriarcal que asigna ás mulleres as tarefas de coidado, xerando o poder do mundo público e masculino, desvinculado dos tempos biolóxicos e ecolóxicos. E para concienciar da importancia de todos eses traballos invisíbeis que permiten a reprodución e o mantemento da vida, porque sen nós o sistema cae.
  • Porque os traballos dos coidados que son remunerados, realízanse en condicións de precariedade e son infravalorados tanto social como economicamente, mesmo a pesares de resultaren actividades esenciais.
  • Pola corresponsabilidade tanto no reparto de tempos coma de traballos.
  • Contra a privatización dos servizos esenciais para o coidado, residencias, servizos de axuda no fogar, escolas infantís,... que enchen o peto duns poucos, a costa de escravizar a moitas.
  • Para denunciar que na xestión da pandemia, as medidas laborais para a conciliación consistiron en reducir a xornada ou abandonara o traballo, abocando as mulleres a unha perda do seu nivel adquisitivo.
  • Porque o traballo a distancia foi unha trampa para un importante número de mulleres, que sofren un detrimento da saúde física, emocional de psicolóxica.
  • Para esixir dereitos para maternar de forma digna, denunciar a violencia exercida contra as nais.
  • Para denunciar a precariedade das pensións das mulleres galegas.
  • Para esixir que as empregadas do fogar deixen de formar parte dun réxime especial.
  • Polos miles de mozas que se viron obrigadas a emigrar nas últimas décadas.
  • Por todas aquelas mulleres que foron agredidas e desatendidas en plena pandemia.
  • Porque esta pandemia levou a unha situación límite a moitas mulleres que xa estaban nunha situación de exclusión, pobreza, e precariedade.
  • Pola demanda de despatoloxización e de autodeterminación, das mulleres trans.
  • Pola situación de especial vulnerabilidade á que o estado expón ás mulleres presas.
  • Porque estamos fartas de que o traballo no fogar, nas terras, e nos coidados funcione como un amortiguador dos efectos devastadores da crise no benestar das persoas.
  • Por aquelas que hoxe non poden estar, por aquelas que enchedes os vosos balcóns de reivindicación feminista.

Temos a forza para conquistar ese mundo tamén noso, xusto e igualitario. E avanzamos para acadalo desde a insubmisión, a rebeldía e a loita!!

Abaixo o patriarcado capitalista e colonial!   

8M 2021 en Oleiros