PARA TRANSFORMAR A VIDA DAS MULLERES: FOLGA DE COIDADOS, FOLGA LABORAL E FOLGA DE CONSUMO

Cara ao 8 de marzo, Día das Mulleres

  • Manifestación Nacional: 4 de marzo as 12:00h en Vigo.
  • Folga de Mulleres: 8 de marzo, convocatorias locais.
     
Cara ao 8 de marzo, Día das Mulleres
8m folga de coidados, folga laboral, folga de consumo
8m folga de coidados, folga laboral, folga de consumo

Galegas 8M | 03/02/2018

As mulleres galegas organizadas na Asemblea Galegas 8M convocamos á Folga de Mulleres este 8 de Marzo, sumándonos así ao Paro Internacional de Mulleres xurdido do traballo conxunto das compañeiras polacas e latinoamericanas en 2017.

Este ano, mulleres de máis de 50 países do mundo estaremos na rúa mobilizándonos polos nosos dereitos e por transformar a vida de todas. Esta convocatoria internacional, que facemos nosa, permítenos traballar colectivamente na análise das nosas condicións de vida e nas necesidades e demandas que temos para unha sociedade que continúa colocándonos nun papel secundario, lugar ao que relega o sustento dunha vida que cada día é máis difícil vivir e á que cada vez se lle dá menos valor.

As mulleres galegas chamamos a unha folga de coidados, laboral e de consumo este 8 de marzo no noso país para construír:

  • Un mundo no que a riqueza colectiva redunde en beneficio da mellora da vida de todas, especialmente das máis vulnerables.
  • Un modelo económico que coloque o dereito a unha vida digna no centro da axenda política, e no que o seu sustento sexa responsabilidade da sociedade no seu conxunto.
  • Unha sociedade xusta na que todas as persoas teñamos os mesmos dereitos.
  • Unha vida libre de violencias, de todo tipo de violencias.

Para reivindicarmos un presente e un futuro diferentes para as mulleres galegas e do mundo, as mulleres e colectivos organizados a nivel nacional na asemblea Galegas8M, chamamos á sociedade a secundar a Folga de Mulleres deste 8 de marzo e acudir á Manifestación Nacional que terá lugar o domingo 4 de marzo en Vigo. E chamamos ás mulleres galegas a sumarse á folga do dia 8 de marzo enchendo as convocatorias de mobilizacións locais das nosas cidades e vilas.

#4mVouAVigo  #8mEuParo

Comentarios
Cara ao 8 de marzo, Día das Mulleres