Coordinadora Comarcal – Esquerda Unida da Coruña | nota de prensa

Reivindicando e visibilizando a loita das mulleres e o seu recoñecemento na sociedade

A crise da COVID_19 amosou a desigualdade estrutural existente neste sistema capitalista e patriarcal. Pese a sermos algo máis da metade da humanidade, a nosa invisibilización segue a ser un feito, incluso na mediciña (ninguneamento que chegou a verse até nos efectos secundarios dalgunhas vacinas sobre o ciclo menstrual). Esencialmente, a fenda salarial (acentuada nas pensións das nosas maiores), a precariedade no emprego, a carga dos coidados sobre das mulleres e a sobrecarga nos empregos feminizados que foran denominados “esenciais” durante a pandemia, e as violencias físicas e sexuais son cuestións que non só non se están a reverter, senón que se están consolidando cada vez máis xunto co embate das políticas neoliberais.
Reivindicando e visibilizando a loita das mulleres e o seu recoñecemento na sociedade
8M Arriba as que loitan
8M Arriba as que loitan

7 de Marzo de 2022. As mulleres non queremos ser cidadás de segunda. Seguimos a considerar o feminismo como un compromiso político de todas, unha necesidade irredimible de loitar pola nosa liberdade física, nas propias decisións sobre a nosa vida sexual e reprodutiva, o rexeitamento ao emprego dos nosos corpos como mercadorías ao servizo do patriarcado e unha educación afectivo-sexual dende a igualdade e a diversidade que revirta nunhas masculinidades non violentas; e tamén pola nosa autonomía económica, esixindo unha igualdade laboral e salarial real cos nosos pares masculinos: a implantación real da Lei de Brecha Salarial cos compromisos efectivos das empresas tamén pola conciliación, a denuncia dos abusos laborais sobre as empregadas do fogar, tratadas como traballadoras de segunda sen dereitos.

En palabras de Carmen Armada, “os problemas sistémicos requiren solucións sistémicas, non esforzos fragmentados que traten meros síntomas en vez de a enfermidade; redobraremos esforzos contra os discursos que invisibilizan as violencias e a desigualdade”.

Por todo elo, o próximo martes 8 de Marzo ás 20:00h Esquerda Unida da Coruña participará na mobilización convocada polo feminismo galego no Obelisco da cidade herculina, que rematará o seu percorrido na Praza das Cigerreiras.

Arriba as que loitan!

Reivindicando e visibilizando a loita das mulleres e o seu recoñecemento na sociedade