Agra do Orzán

“Galiza en NO-DO. Anos 60-70” na Agra do Orzán

Beatriz Busto Miramontes ofrecerá a conferencia “Galiza en NO-DO. Anos 60-70”, o vindeiro venres, 11 de novembro, ás 19:30 h. na aula 9 do Centro socio-cultural Ágora (lugar Agramela 17, 15010 A Coruña).
“Galiza en NO-DO. Anos 60-70” na Agra do Orzán
20221111 Gz en NO-DO 1960-1980
20221111 Gz en NO-DO 1960-1980

Beatriz Busto é profesora na Área de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela e autora do ensaio Um país a la gallega (Através).

NO-DO (Noticiario Documental) foi o organismo de propaganda cinematográfica do réxime franquista e nel e a través del inventáronse e promocionáronse un gran número de arquetipos sobre Galiza.

O acto é gratuíto e de acceso libre ata encher o local.

Comentarios
“Galiza en NO-DO. Anos 60-70” na Agra do Orzán