Asociación Veciñal Agra | nota de prensa

Este xoves dúas pezas de teatro galego no noso barrio: Os Quinquilláns e o grupo de Teatro interxeraciona

Este xoves, 20 de outubro, ás 20 h. no auditorio do Centro Ágora convidamos unha dupla función teatral na nova edición do festival A fonética dos corpos, incluído no programa “Agra no Ágora”, en que colaboramos co Concello da Coruña, para achegarmos as artes escénicas ao noso barrio.

Este xoves dúas pezas de teatro galego no noso barrio: Os Quinquilláns e o grupo de Teatro interxeraciona
20221020 fonética
20221020 fonética
  1. QUERCUS ROBUR

Participantes na actividade “Teatro interxeracional”, da asociación veciñal Agra, representan a peza Quercus robur.

  • SINOPSE: tanto quercus como robur eran os nomes romanos dados aos carballos en xeral e á súa madeira; robur tamén facía alusión á fortaleza e perseverancia de ánimo. Que sucedería se tres individuos saen da súa carballeira para meterse nun competitivo bosque de asfalto?
  • REPARTO: Javi Tink, Flor Del Pópolo e Pepe Rodríguez
  • AUTORÍA: Flor Del Pópolo e Javi Tink
  • ESCENOGRAFÍA: Rosalía Bello Cao

2.      A SEÑORA DE FORCADELA

  • SINOPSE: Josefa García Segret, muller represaliada, autora do texto autobiográfico Abajo las dictaduras, non pode resignarse ao esquecemento e trae a escena a súa memoria e o seu desexo de facer xustiza. Como ela mesma di, débello á súa vida destruída e a todas as persoas que loitaron pola liberdade.
  • REFERENTE HISTÓRICO: Baseado na biografía de Josefa García Segret (Tui, 1900 – Oleiros, 1986), mestra que en 1936 estaba destinada na aldea de Forcadela, concello de Tui. Por militar nun partido democrático de esquerdas e non practicar a relixión católica sufriu todo tipo de represións; persecución, cárcere, abusos, pena de morte. Librou da condena grazas á implicación solidaria do médico e xornalista Darío Álvarez Blázquez. A partir do relato dos feitos de Josefa e Darío, Os Quinquilláns crearon A señora de Forcadela, un espéctáculo teatral didáctico promovido polo Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para o catálogo ‘O Pasado Por Vir’, para reivindicar a Memoria Histórica cunha perspectiva de xénero.
  • TIPO DE PÚBLICO: A partir dos 12 anos e persoas adultas en xeral
  • ELENCO: Lucho Penabade, Tero Rodríguez
  • TÉCNICO LUZ E SON: Bandín Audio
  • VESTIARIO: Beti Busto
  • ESCENOGRAFÍA e ATREZZO: Os Quinquilláns
  • ESPAZO SONORO: Orjais
  • DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: Os Quinquilláns
  • A quen vai dirixido:Para público en xeral

Duración:

  • ·      Quercus robur: 30 minutos
  • ·      A señora de Forcadela: 50 minutos

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Agramela 17. 15010 A Coruña

Comentarios
Este xoves dúas pezas de teatro galego no noso barrio: Os Quinquilláns e o grupo de Teatro interxeraciona