Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

"Os camiños do neno labrego" en Oza

O dia 12 de decembro as 19:30h no Forum Metropolitano a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental "Os camiños do neno labrego", que xurdiu por iniciativa da Fundación Neira Vilas.

.

"Os camiños do neno labrego" en Oza
camiños 01
camiños 01

A remate do documental charla debate  contara ca presenza  de  Mercedes Queixas, escritora e profesora, deputada do BNG e Luz Rivas Troiteiro profesora 

A entrada sera de balde   ata complentar o aforo .

Os camiños do neno labrego.

Documental divulgativo que xurdiu por iniciativa da Fundación Neira Vilas e que pretende dar a coñecer un roteiro en Gres-Vila de Cruces, aldea natal de Xosé Neira.

A proposta, que naceu para conmemorar o 60 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, xira arredor desta obra e ofrécelle ao espectador un roteiro cultural no que se retratan lugares singulares como as Insuas de Gres, Ponte Ledesma, a Casa da Capela, a igrexa de Santiago de Gres, a Casa do Romano, o Pazo de Calderón ou o serradoiro e Castromouro.

Ademais do produtor Simone Saibene, formaron parte do equipo de produción o cineasta e autor Marcos Nine e o director de fotografía Jairo Iglesias.

Comentarios
"Os camiños do neno labrego" en Oza