Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Paulo Sexto: "O porto da Coruña, ten que ser unha fonte de riqueza para o noso barrio e a cidade"

A transformación do porto e como chegar a bo fin para que este espazo do borde litoral sexa de uso e goce da cidadanía é unha loita que lle toca ás/os veciños da cidade.
Paulo Sexto: "O porto da Coruña, ten que ser unha fonte de riqueza para o noso barrio e a cidade"
Paulo Sexto
Paulo Sexto

Lévase anos con este tema en conflito, onde as institucións propoñen unhas saídas coas que non está de acordo a gran maioría da cidadanía. Isto levou a que se formase unha Plataforma “En defensa do común” formada por asociacións veciñais, partidos políticos, organizacións sociais, para loitar polos intereses da cidadanía.

Un dos conflitos é que a Autoridade Portuaria da Coruña ten unha débeda e para cubrila pretende vender o chan de que dispón no bordo litoral; dese xeito, ese chan que agora é de todos, pasaría a ser propiedade privada dos particulares que a adquirisen. Esta postura choca cos intereses da ciudadanía

Ademais considérase, por parte da Asociación de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros, que esta débeda debe ser condonada por parte do Estado, como se fixo noutras cidades de España, como Valencia. Falamos con Paulo Sexto o Presidente da Asociación de veciños de Oza Gaiteira Castros, sobre as preocupacions e propostas desta transformación

Cales son as preocupacións e propostas da Asociación de veciños co tema do Porto?

Por unha banda, desde as institucións, non se está falando da zona de San Diego, que é a Zona 2. As institucións están a actuar ás costas da cidadanía e non están a explicar o que queren facer con esta zona que nos afecta directamente, San Diego, Oza.

Queremos dicirlles que non queremos ser moeda de cambio, escoitamos, “non construímos en Calvo Sotelo, Batería e construímos en San Diego”, non queremos iso.

Dende a nosa asociación consideramos que as prioridades dos terreos que compoñen a Zona 2 do Plan de Transformación do Porto non pasan polo uso residencial senón por ser o Iugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima

Na modificación do planeamento urbanístico do porto interior debe apostarse pola súa promoción, o seu uso mixto, a creación de novas actividades e a súa preservación para o fomento económico como lugar de actividade comercial e de pesca que xera riqueza

Dende a nosa Asociación consideramos fundamentais os seguintes puntos:

  • Condonación da débeda para levantar a hipoteca sobre os peiraos interiores
  • Uso e titularidade públicas dos terreos portuarios. Nada de vender solo para especular.
  • Financiamento do tren a Punta Langosteíra para facer viable o porto exteríor. Pode optar a fondos europeos Next Generation EU.
  • Que o porto siga a ser un porto: protexamos a lonxa, a pesca e a economía do mar. Non estraguemos un motor de riqueza e emprego e un símbolo da Coruña.
  • Plan de mobilidade na Ría, estación marítima
  • Os terreos en desuso deben mellorar a cidade: espazos libres, zonas verdes, mobilidade sostible, equipamentos
  • Participación cidadá: tomemos as decisións en diálogo coa rúa, non tras a porta pechada dun despacho.

Obxectivos para a Zona 2 debe pasar polos seguintes puntos:

  • Abrir a cidade ás novas actividades que se localicen no peirao, sen control de accesos. Substituír as actividades actuais por outras máis brandas ligadas á economía verde e azul, e á innovación, atraendo a aquelas empresas que busquen a calidade da contorna edificada
  • Manter o emprego nesta área da cidade, lígándoo a novas actividades, para que o porto interior siga sendo un motor económico da cidade
  • Consolidar a nova edificación, a partir dun proceso progresivo de substitución das edificacións existentes, que non pasen a edificabilidade actual na área
  • Recuperar a pegada do paso do río Monelos como elemento de integración cos espazos verdes do parque da estación
  • Dotar a esta área da cidade dunha imaxe atractiva, desde a habitabilidade e o uso dos espazos públicos, a través da calidade da edificadón e a urbanización
  • Consolidar parte dos aproveitamentos terciarios, recollidos no Plan Xeral con criterios de sustentabilidade
  • Conseguir o uso público da maior parte dos terreos desafectado
  • Reurbanizar os bordos próximos aos peiraos dos terreos desafectados, con criterios de calidade, dando continuidade aos percorridos peonís e acollendo actividades ao aire libre relacionadas co lecer e a pesca
  • Favorecer o achegamento dos cidadáns ao mar con actividades que atraian o percorrido dos peiraos.
  • Como fai anos, toca de novo loitar polos nosos intereses. No barrio temos experiencia de iso e vamos a dar a loita para que o Porto sexa da xente.

 

Paulo Sexto: "O porto da Coruña, ten que ser unha fonte de riqueza para o noso barrio e a cidade"