Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Construíndo o Ecobarrio

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros, ten unha longa traxectoria. No ano 1979 oficializase a súa actividade, pero o seu activismo ven dende o ano 1964.
Construíndo o Ecobarrio
Paulo Sexto y Ariana F Palomo
Paulo Sexto y Ariana F Palomo

A Asociación conta con máis de 700 socios/as. Falamos co seu Presidente Paulo Sexto, no cargo dende o ano 2017 e con Ariana Fernández, vogal da Asociación dende o ano 2020. Ariana tamén rexenta o negocio LP10 na rúa da Gaiteira. 

A actividade na asociación é intensa con moitas actividades culturais e sociais e tamén con proxectos que ferven na cabeza de Paulo, Ariana e os integrantes da asociación veciñal. As diversas actividades se fan tanto no propio local da asociación na rúa da Merced 56, no Centro Cívico San Diego e no Fórum Metropolitano.

Temos unha longa tertulia con Paulo e Ariana, en donde van desgreñando os proxectos nos que están volcados. Emprazan un moi importante, “os obxectivos de desenvolvemento sostible” coñecidos tamén como os ODS da axenda 2030, en donde comenta Ariana “vamos levar a cabo estes obxectivos no barrio”.

Axenda2030_ed_galego
Axenda2030_ed_galego

Ariana describe como todas as accións que están poñendo en marcha xiran arredor dos ODS dun modo transversal e facendo alianzas con diversos colectivos. Engade Paulo que todas as alianzas que veñen a sumar van a fortalecer o proxecto. Xa se concretaron varias de estas alianzas e hai moitas que se están concretando.

“En este momento plantéxanse, comenta Paulo, unha reflexión entre as veciñas, veciños e colectivos para crear as liñas xerais dun proxecto de moito calado”.

Xa empezaron a facelo, pero hai moito que repensar, como crear un ecobarrio en donde a veciñanza se implique, como xerar espazos de reflexión e diálogo para unir as distintas visións e concretar todas esas propostas en accións e realidade, como dar visibilidade as mulleres –como axudamos a transformar residuos– arte urbano...

Todas estas interrogantes van tendo respostas, polo menos algunas delas. Paulo e Ariana son moi conscientes e insisten na transversalidade de todas as accións que levan o camiño dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Desgreñando as accións

Van contando Paulo e Ariana que “o pasado luns 19 tivemos un taller formativo sobre os residuos mariños; somos un barrio mariñeiro, estamos moi vinculados ao mar e imos facer un laboratorio de ideas e poder pasar a acción. Nese taller participaron diversos colectivos e veciñanza, foi coordinado por Laura Calvo do colectivo CEIDA e aí xa empezaronse a construir ideas.

Unha das alianzas que xa prendeu é con Cuac FM; a asociación está a facer un programa de radio en Cuac FM, radio universitaria e comunitaria da cidade con nome “Oza Gaiteira Os Castros Barrios 2030” todos os venres de 13h a 14h, en donde participan diversas persoas especializadas nas temáticas que se expoñen cada semana e se crea ese espazo de repensar o barrio que queremos.

O proxecto do ecobarrio vai imaxinándose e concrétase en como levar a práctica o desenvolvemento sostible. “Partimos da base de que cremos na economía circular, e dicir, todo o que se pode reutilizar hai que reutilizalo, por medio da transformación” nos comenta Paulo. “Imos facer recollida de residuos por medio do comercio do barrio e da hostalería e poder transformar. Tamén imos facer unha recollida de residuos, seguramente na praia de Oza”, engade Ariana, “e con a axuda de expertas como Gema Neira, na transformación de residuos converténdoos en, por exemplo, mobiliario urbano, queremos que as tapas das alcantarillas que xeran moita contaminación acústica se podan substituír por mobiliario sostible eliminando así a contaminación acústica; os alcorques, que son o que protexe os árbores nas rúas, que por certo hai moita xente que tropeza e inluso se cae, tamén podense substituír por un mobiliario mais sostible”.

AV Oza 00 02
AV Oza 00 02

“Ademais de salvar o planeta, necesidade fundamental para actuar, tamén e unha forma de que as institucións aforren cartos”, conclúe Paulo.

“Quero facer tamén unha observación”, dinos Paulo, “representamos un número de veciños e veciñas importante nun barrio de 54.000 habitantes, queremos que o Concello nos teña en conta nos orzamentos participativos, para levar a cabo os ODS”.

“Está debuxándose o parque infantil do ecobarrio, cuxo sitio sería o Parque Europa” comeza falando de este proxecto Paulo. “Os parques infantís están deteriorados, este é un bo momento para milloralo e crear o parque infantil sostible, onde aplicamos varios puntos dos ODS, a igualdade, a inclusión, a diversidade, zonas sonoras para as nenas e nenos autistas, o traballo digno, reciclaxe… Un parque interactivo e sostible. Este proxecto desenvolvémolo coa alianza que temos  co colectivo Ciencia en Feminino”.

“Por outro lado, estamos impulsando a actividade de Mulleres na Rúa, que non é un proxecto que esté dentro dos ODS pero é transversal, como moitas outras actividades que facemos e faremos. Con respecto a esta actividade queremos que rúas do barrio, que por exemplo na rúa Gaiteira, hai outra rúa que se chama travesía da Gaiteira, pase a ter o nome de científicas galegas, dalas a coñecer en vida, que se sepa das nosas científicas”, asevera Paulo.

“Por outro lado - intervén Ariana, dentro deste proxecto Mulleres na Rúa, organizamos todos últimos luns de cada mes charlas “Saber +”. O luns 26 de setembro deu unha charla Vanessa Valdiglesias, profesora na Facultade de Bioloxía co tema: Como as científicas galegas axudaron a cambiar o mundo.

Este é un ciclo e xa temos preparadas diversas charlas para os próximos luns de finales de mes: Submisión Química, Isabel Zendal, Educación nas marxes da que nos falará Lara Crespo Doutora en Biomedicina e tamén profesora de profesores, que nos falará do abandono escolar en Galicia, LGTBI camiño percorrido e que hai que recorrer, violencia nas aulas, bullying, etc. Sempre anunciamos a nosas actividades nas redes sociais e tamén nos medios de comunicación.

Por outra banda, estamos mirando como en zonas moi abandonadas, por exemplo na zona da Rúa Pose, podese facer arte na rúa, comenta Paulo e tamén imos crear un curso para aprender a facer  Radio coa colaboración de Cuac FM: convocamos a toda a xente nova a participar nesta iniciativa, ademais o Fórum Metropolitano está moi interesado en ser a sede de dito curso”.

Xa pechando esta longa e interesante conversación, tanto Paulo como Ariana aseveran que “entre todos e todas temos que esixir ás institucións o compromiso e colaboración para levar a cabo un proxecto que é fundamental para o noso futuro”.

“E por último, di Paulo, o proxecto da axenda 2030 e Mulleres na rúa están co-financiados polo Concello da Coruña”.

Aquí ferven as ideas, e venlles moi ben axuda, anímate a poñerte en marcha!

Comentarios
Construíndo o Ecobarrio