Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Exposición Fotográfica "Queremos ser libres"

A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotográfica enmarcada dentro das actividades do proxecto Mulleres Na Rúa
Exposición Fotográfica "Queremos ser libres"
Cartaz Diana Fajardo QUEREMOS SER LIBRES Coruña Fórum_definitivo (1)
Cartaz Diana Fajardo QUEREMOS SER LIBRES Coruña Fórum_definitivo (1)

Estas fotografías nacen na escola de fotografía de Diana Fajardo cun ideario de amosar as múltiples funcións e posibilidades para ser, comunicar, sentir e pensar a través das imaxes.

Ademais, para nos, é esencial traballar valores universais de non discriminación e o seu desenvolvemento persoal de forma transversal.

Tódolos 25 de novembro e os 8 de marzo levamos a cabo distintos proxectos relativos á muller, ás violencias que sufrimos e ás discriminacións que vivimos polo único motivo de nacer mulleres. Para que poidan ser cidadáns e cidadás democráticas e con pensamento crítico.

Preténdese que a través da fotografía sexan capaces de exteriorizar tódalas vivencias que tivesen sufrido e que poidan expresalas utilizando a fotografía como ferramenta de comunicación e denuncia.

Estas imaxes son realizadas durante os procesos da creación da obra, e participando como fotoperiodistas na manifestación do 8m do 2020 na coruña.

Exposición Fotográfica "Queremos ser libres"