volencia de xénero

Contra a submisión química: información e urxencia

Aínda que finalmente todo parece indicar que a maioría deses casos foron unha broma pesada, o certo é que o perigo da submisión química é real e vén de longo.

Julia Álvarez Doral, farmacéutica, explícanos todo o que temos que saber sobre esta controversial cuestión que foi protagonista do seu traballo de fin de grao. 

Contra a submisión química: información e urxencia
discoteca Imagen de Montecruz Foto
discoteca Imagen de Montecruz Foto

O perfil máis frecuente de vítima de submisión química é o de unha muller menor de 30 anos. Con maior incidencia no tramo de idade de entre 15 e 19. 

‘Submisión química” é a administración de substancias psicoactivas a unha vítima, sen o seu consentimento, para cambiar o seu grao de consciencia ou a súa capacidade de xuízo, e sempre con fins delituosos. Pero este termo tamén é ampliable ao aproveitamento, cos mesmos fins, dos efectos causados polo consumo voluntario destas substancias. Así pois, poden diferenciarse tres tipos de submisión química: a proactiva ou premeditada, a oportunista ou ‘vulnerabilidade química’ —comunmente, mediante alcol etílico por consumo recreativo— e mixta, na que ao consumo voluntario da vítima se suma un consumo involuntario provocado polo agresor. 

O obxectivo final máis frecuente é o de someter a vítima a un acto sexual non consentido. A submisión química trátase dunha agresión á muller dende antigo (recollido xa na literatura popular como “A bela dormente”) e continúa sendo, por desgraza, unha violación dos dereitos da muller de sanguenta actualidade. 

A urxencia é vital 

O tempo de demora da recollida de mostras biolóxicas é inversamente proporcional ás posibilidades de detectar as substancias implicadas no caso.

Por iso, é esencial unha rápida actuación ante calquera sospeita de submisión química. 

A sintomatoloxía pode diferir dependendo da substancia implicada, que adoita ser depresora do sistema nervioso central. Con todo, os síntomas máis frecuentemente descritos nas exploracións de vítimas tras unha agresión son amnesia total ou parcial, trastornos de orientación, coordinación e vixilancia, somnolencia, lesións traumáticas (xenitais e extra-xenitais), trastornos visuais (miose, midríase ou trastornos da acomodación), estados de axitación, confusión, náuseas e vómitos, taquicardia, hipotensión e bradicardia, hipertonía, tremores e cefaleas… 

É importante coñecelos para, ante unha sospeita e a presencia de calquera destes síntomas, poder solicitar asistencia sanitaria inmediatamente. 

O que non se ve, non existe 

Aínda que cada vez detéctanse máis casos, o cal podería ser reflexo dunha mellora na eficiencia da cadea de actuación, existen evidencias de que aínda se trata dun número infraestimado. Non se pode obviar que, en España, o primeiro protocolo específico a nivel xudicial non aparece ata 2022, coa publicación de “Guía de boas prácticas para a actuación forense #ante a vítima dun delito facilitado por substancias psicoactivas: intervención #ante a sospeita de submisión química”. É necesario fortalecer a cadea de actuación nos distintos ámbitos (educativo, sanitario e xudicial) e facelo de forma coordinada (corpos policiais, persoal sanitario de atención directa, médicos forenses e especialistas toxicolóxicos). 

É triste, pero fundamental, lembrar que a muller non é a culpable, é a vítima. De aí a importancia de activar todas as redes e protocolos que posibiliten que ninguén que cometa un delito poida quedar impune. 

Contra a submisión química: información e urxencia