Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Xa Abonda . Non a unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza

Dende o noso colectivo veciñal levamos máis de 40 anos tratando de concienciar a todos e todas da importancia de reducir a contaminación ambiental, tratando de implicar ás administracións nesta loita pola calidade de vida das veciñas e veciños.
Xa Abonda . Non a unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza

Vemos con fonda preocupación que, lonxe de dar pasos para mellorar a situación, volvemos a tempos pasados onde se negaba o problema.

Cáusanos enorme tristeza e preocupación que a  a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio  e Autoridade Portuaria  da Coruña como toleran que  se instale unha planta de tratamiento de residuos de buques no peirao de Oza dende o noso colectivo non consideramos idonio a ubicación de dita planta.

Dende o colectivo veciñal temos explicado en moitas ocasións que necesitamos tecido industrial, que cree emprego e riqueza para o barrio e toda a cidade, mais ten que facerse cumprindo a lexislación e tomando todas as medidas de protección medio ambiental para protexer os nosos espazos naturais e a nosa saúde, se o facemos así seguramente crearemos moitos máis postos de traballo.

A zona costeira de Oza e toda a Ría do Burgo poden ser un polo de creación de emprego e riqueza, con actividades de lecer, pesca e marisqueo pero para iso é imprescindible o seu saneamento e o control sobre as actividades potencialmente contaminantes.

Estamos de acordo en que os residuos xerados polos buques deben recollerse para o seu posterior tratamento, e debe facerse con todas as medidas de protección necesarias, dende a recollida, ate o transporte e a entrega a un centro de tratamento. É unha barbaridade pretender facer o tratamento na propia zona da contorna de Oza, a nosa loita pasa por sanear e revitalizar toda a Ría do Burgo e a súa contorna, non podemos seguir tratando a ría como un vertedoiro.

Dende  a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamentamos profundamente  á Autoridade Portuaria e Xunta toleren  que  se  instalen este tipo de instalación no noso barrio.

Xa Abonda . Non a unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza