Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

"Arredor da roda" no Forum Metropolitano

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros en colaboración con Cantigas da Terra vai proxectar o documental: Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella o luns 16 de xaneiro ás 19:30h no Forum Metropolitano .

"Arredor da roda" no Forum Metropolitano
POSTER ARREDOR DA RODA - FORUM
POSTER ARREDOR DA RODA - FORUM

É unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

No documental, a Aula de Zanfonas de Cántigas da Terra, liderada por Miro Casabella, inicia unha investigación sobre este instrumento. Inclúe unha visita ao obradoiro do Xaneco, músico e mestre luthier que está a rematar unha zanfona encargada por Miro; ao Pórtico da Gloria, onde se ven os instrumentos esculpidos polos artesáns do Mestre Mateo e a interpretación de diversas pezas.

"Arredor da roda" no Forum Metropolitano