Buscar
12:54h. Miércoles, 14 de Noviembre de 2018
Xentes da agra
 A Livraria Suévia celebra o Día das Librarías con diversas actividades ao longo da semana
Axenda Cultural

A Livraria Suévia celebra o Día das Librarías con diversas actividades ao longo da semana

Como cada 16 de novembro, CEGAL (Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros), organiza a celebración do Día das Librarias, unha festa coa que se procura recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición e que o mellor lugar para facelo é, sen dúbida, unha libraría. Un día ao ano, as librarías do Estado Español, ofrecen de maneira conxunta, un rico programa de actividades, co que se pretende que @s lectores visiten as librarias. Ademáis das actividades que ao longo da semana organizarán todas as librarías, o propio venres 16 de novembro, as librarias permanecerán abertas ate as 22.00h e farase un desconto do 5%.