Día das Forzas Armadas

Protesta no Náutico de Vigo: mozos nacionalistas mobilízanse contra o desfile das Forzas Armadas

Varias frontes xuvenís concentráronse esta tarde no paseo marítimo con consignas antibelicistas para facer un chamamento á manifestación do vindeiro 30 de maio.
Protesta no Náutico de Vigo: mozos nacionalistas mobilízanse contra o desfile das Forzas Armadas
Non á guerra
Non á guerra

VIGO O paseo do Náutico de Vigo foi o escenario esta tarde dunha acción de protesta protagonizada por un grupo de mozos nacionalistas galegos. O acto, que tivo lugar arredor das 19:00 horas, desenvolveuse xusto ao lado dos postos de exhibición e dos vehículos militares que o Exército ten instalados na cidade de cara aos actos oficiais das Forzas Armadas.

Os manifestantes, que portaban bandeiras galegas coa estrela vermella (estreleiras), concentráronse de xeito pacífico pero sonoro para amosar o seu rexeitamento á presenza militar. Durante a protesta puideron escoitarse e verse proclamas coas mensaxes "Non á guerra" e "Contra o gasto militar", apuntando de xeito directo ao investimento público que requiren este tipo de despregues e desfiles.

Chamamento á mobilización cidadá

Máis alá de visibilizar o seu desacordo cos postos informativos do Exército instalados no paseo vigués, o obxectivo principal desta acción lóstrego era convocar á cidadanía á rúa. Os mozos fixeron un chamamento explícito para participar na manifestación que terá lugar o vindeiro 30 de maio, coincidindo co día central do desfile militar na cidade olívica. Según os colectivos organizadores, estas exhibicións "normalizan a cultura das armas" e non representan o sentir pacifista do pobo galego.

Protesta no Náutico de Vigo: mozos nacionalistas mobilízanse contra o desfile das Forzas Armadas