Buscar
13:24h. Miércoles, 17 de Octubre de 2018

Paz e nonviolencia

2 de Outubro, Día Internacional da Noviolencia: Mundo sen guerras e sen violencia presenta a 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia

 

Proxección do documental sobre a 1ª Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia na Biblioteca Castrillón e presentación das liñas xerais da 2ª marcha

Cartaz da convocatoria
Cartaz da convocatoria

En sintonía coa celebración do nacemento de Gandhi, 2 de outubro, Día Internacional da Non-violencia, o colectivo Mundo Sen Guerras e sen Violencia presenta hoxe o documental ”1ª Marcha Mundial pola Paz e a Noviolencia”, no que se visualiza un resumo da diversidade de iniciativas que poboaron a marcha. A continuación exporase a necesidade de considerar urxentemente o tema da paz e a non violencia na situación actual.

Explicarase a formulación da 2ª marcha, que arrincará dentro dun ano, expoñendo os seus eixos temáticos e forma de traballo.

A actividade está organizada en colaboración coa Biblioteca Castrillón, dentro do ciclo "Corazón do barrio" dedicado á paz e a nonviolencia.