Paz e nonviolencia

Este sábado a praza de Pontevedra iluminarase pola Paz

O vindeiro sábado 2 de decembro, a asociación Mundo Sen Guerras e Sen Violencia organiza na praza de Pontevedra unha vixilia pola Paz.

 

Este sábado a praza de Pontevedra iluminarase pola Paz
Cartaz Vixilia
Cartaz Vixilia

Mentres o panorama internacional bulle de conflitos armados, as asociacións nonviolentas de todo o mundo únense para expresar o seu rexeitamento ás guerras, ás armas, aos asasinatos de inocentes e para advertir do risco nuclear.

Unha chamada á conciencia civil á que MSGeSV se une este sábado cunha vixilia pola Paz á que convocaron ás distintas organizacións sociais locais, representantes das diversas relixións e a toda a veciñanza. “Só os pobos sofren as consecuencias das guerras e só as súas voces unidas poden paralas”, sinalaron desde a entidade.

O vindeiro sábado A Coruña ten unha cita ás 19h coa noviolencia na praza de Pontevedra. Para acudir e unirse á reivindicación, só é necesario levar unha vela e as ganas de compartir unha mensaxe global contra a violencia que quedará plasmada nun símbolo humano da Paz. O evento, ademais, contará coa presenza do artista Marmo Trazos, que acompañará a noite con música.

Este sábado a praza de Pontevedra iluminarase pola Paz