Murais de Urbano Lugrís

O BNG Celebra a rectificación sobre os murais de Urbano Lugrís: "O PP Sempre se opuxo no Parlamento a que fosen BIC

A Concelleira do BNG, Mercedes Queixas, destaca a mudanza da Xunta e do Concello da Coruña para protexer os murais da rúa Olmos
O BNG Celebra a rectificación sobre os murais de Urbano Lugrís: "O PP Sempre se opuxo no Parlamento a que fosen BIC

A Coruña, 28 de febreiro de 2024. A concelleira do BNG e deputada electa, Mercedes Queixas, celebra a recente "rectificación" da Xunta e do Concello da Coruña ao asumir as súas responsabilidades na protección dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos.

"Se están a rectificar, é grazas á presión social e ao traballo político do BNG", destaca Queixas.

"Até o momento, perderon tempo nunha confrontación estéril, trasladando a responsabilidade entre eles, mentres a obra de Urbano Lugrís se deterioraba rapidamente, con grave risco para a súa integridade", denuncia Queixas. "Dúas administracións cómplices no abandono dun patrimonio cultural colectivo", engade.

Queixas recorda que o BNG propuxo en varias ocasións a declaración dos murais como Ben de Interese Cultural (BIC) no Parlamento galego. En cada ocasión, atoparon oposición do PP, que argumentaba que xa tiñan suficiente protección ao estar incluídos no catálogo do PXOM e do PEPRI da Cidade Vella e a Pescaría. "Agora, finalmente, rectifican in extremis, no último minuto, ante o risco de caeren en mans privadas, mal vendidos a prezo de saldo", subliña.

Non obstante, Queixas adianta que o BNG "continuará a reclamar a protección do BIC para o conxunto da obra dun autor único".

O BNG Celebra a rectificación sobre os murais de Urbano Lugrís: "O PP Sempre se opuxo no Parlamento a que fosen BIC