BNG | nota de prensa

Ramón Fernández: “Galiza e As Pontes non poden renunciar a unha transición xusta”, e que os mellores proxectos sexan instalados noutros territorios

O BNG acada un acordo unánime para reclamar  que Galiza reciba o mesmo trato que a comarca aragonesa no concurso de transición xusta
Ramón Fernández: “Galiza e As Pontes non poden renunciar a unha transición xusta”, e que os mellores proxectos sexan instalados noutros territorios
Intervención do deputado Mon Fernández na Comisión de Industria
Intervención do deputado Mon Fernández na Comisión de Industria

Santiago de Compostela, 22 de decembro, 2022. O portavoz de industria do BNG, Ramón Fernández defendeu unha proposición non de lei, que foi aprobada por unanimidade, para que Galiza reciba o mesmo trato que a comarca aragonesa no concurso de transición xusta para permitir  permita a reindustrialización da vila das Pontes e que os mellores proxectos non sexan instalados noutros territorios.

O parlamentario explicou que  o concurso de transición xusta consiste en promover un proceso público de concorrencia competitiva para facerse coa concesión de acceso á rede eléctrica que o peche da central térmica das Pontes vai liberar, e que de feito xa liberou cando menos parcialmente, co apagado de dous dos catro grupos de xeración cos que conta.

Existe, a día de hoxe, un exemplo real, xa en fase de execución, de como funciona este procedemento e dos seus resultados, o de ANDORRA-TERUEL, onde existía tamén unha central térmica de ENDESA que pechou.

O peche desta central, engadiu Mon Fernández,  liberou unha capacidade na rede de 1.200 megawatts. Por outro lado, o INSTITUTO DE TRANSICIÓN XUSTA, organismo dependente do MITECO, promoveu o concurso de transición para a concesión de 953 destes 1.200 megawatts, e o proxecto gañador de entre os 12 que se presentaron, foi o da “propia ENDESA” que comprometeu un investimento de 1.200 millóns de euros e cunha previsión  de crear 3.500 postos de traballo.

O deputado lembrou que a directora do INSTITUTO,  Laura Martín Murillo, nunha entrevista publicada recentemente, amosábase moi satisfeita co resultado do concurso por garantir postos de traballo, seren un concurso público e de concorrencia competitiva, posibilitar a escolla  entre diferentes proxectos en termos cualitativos e garantías económicas  para a execución do proxecto. Neste sentido, ENDESA depositou 220 millóns de euros e a non execución do proxecto significa a perda do acceso á rede eléctrica.

Neste momento, sinalou o nacionalista, sabemos  que no mes de xuño deste ano a empresa, a través da súa páxina web, publicou a capacidade dispoñíbel en todos os nós de transición do estado español, “e no das Pontes”, segundo esa información a “capacidade é de 0”.

Por outra parte, criticou que a negativa do goberno estatal a responder ás preguntas formuladas polo BNG  sobre esta cuestión,  ao que sumou a negativa da  ministra convocar a mesa das Pontes para dar explicacións. Ademais, dixo,  nunha reunión telemática con representantes empresariais das Pontes, a mesma directora do INSTITUTO que presume do resultado do concurso en ANDORRA-TERUEL, informa que “nas Pontes non haberá concurso de transición”.

As criticas do deputado do BNG tamén se referiron  ao  PSOE liderado por Valentín Formoso, alcalde das Pontes, que “xustifica e oculta” o grave prexuízo da negativa do concurso de transición xusta para As Pontes.

Para o BNG, a posición do Parlamento Galego debe ser clara e inequívoca  demandando ao “Goberno do Estado que cumpra cos  compromisos adquiridos, que corrixa o que teña que corrixir porque  algo fixo mal. “O goberno, recalcou, debe   impulsar o concurso de transición xusta para a concesión do nó de acceso das Pontes igual que fixo en ANDORRA-TERUEL”.

No BNG temos claro que “As Pontes e Galiza, non poden renunciar ao concurso de transición xusta, porque aínda que sexa dun xeito parcial, coa capacidade liberada polo peche destes dous grupos, é fundamental compatibilizar este funcionamento parcial da central que ademais vai ser estritamente temporal, coa celebración do concurso para non quedar atrás. Urxe evitar mellores proxectos sexan  instalados  noutros territorios, “quedando a Vila das Pontes a última da fila”.

O parlamentario do BNG celebrou o apoio unánime á proposta nacionalista e avanzou que no Congreso dos deputados será debatida, á iniciativa do BNG, outra proposta na mesma liña. Agardamos, dixo, “que o PP e PSOE manteñan a mesa posición que en Galiza e non muden o voto”.

Ramón Fernández: “Galiza e As Pontes non poden renunciar a unha transición xusta”, e que os mellores proxectos sexan instalados noutros territorios