Buscar
05:35h. Miércoles, 23 de Mayo de 2018

AXENDA CULTURAL

A Livraria Suévia acolle o próximo sábado un ContaContos para celebrar o Día do Libro

O vindeiro sábado 21 de abril, ás 12.00h, celébrase na Livraria Suévia (R/ Vila de Negreira, 32) un ContaContos co que se celebra o Día do Libro. As vacas serán as protagonistas

Contacontos polo Día do Libro
Contacontos polo Día do Libro

As historias están baseadas nos seguintes libros ilustrados:

  • Vacas na cidade? de An Alfaya. Editorial Galaxia
  • Primeira semana na escola de vacas, de Andy Cutbill. Patas de Peixe
  • Hay una vaca en la nevera, de Amaia Cia. Beascoa
  • Bernabé y la vaca que se pasea por el techo, de René Gouichoux. Alberdania

Ao remate do contacontos, as nenas e nenos participarán un obradoiro de elaboración dun Marcapáxinas de la.

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.