Buscar
05:14h. Domingo, 23 de Septiembre de 2018

Axenda Cultural

A Livraria Suévia celebra un ContaContos adicado ao mundo da Arte

O vindeiro sábado 12 de maio, ás 12.00h, celébrase na Livraria Suévia (r/ Vila de Negreira, 32) o ContaContos "Historias que contan os cadros". Pieter Brueghel, Canaletto, Goya, Seurat ou Miró esconderon nos seus cadros fantásticas historias. As nenas e nenos terán que fixarse nas obras para poder ir descubrindo os personaxes das historias que imos contar. Ao remate do contacontos, as nenas e nenos participarán nun obradoiro de elaboración de pulseiras co seu nome.

Cartaz-Historias-que-contan-os-cadros
Cartaz-Historias-que-contan-os-cadros

O ContaContos é unha adaptación de varias historias do libro "Cada cuadro con su cuento. El mundo de la pintura" de Juan Ramón Brotons da editorial Anaya. Os contos son os seguintes: 

  • O corvo parlanchín, baseado na obra de Pieter Brueghel "Os cazadores na neve"
  • O grumete que quería ser como Marco Polo, baseado na obra "O gran Canal e a Igrexa da Saúde" de Canaletto.
  • Unha familia de fai máis de 200 anos,  baseado na obra "Os duques de Osuna e os seus fillos e fillas" de Goya
  • As travesuras de Chispita, baseado na obra "Tarde de domingo na Illa da Grande Jatte" de Seurat
  • Unha lagarta moi lista,  baseado na obra "A Masía" de Miró

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.