Buscar
00:14h. Miércoles, 23 de Mayo de 2018

AXENDA CULTURAL

A Semana do Día do Libro remata o sábado 28 de abril cun ContaContos Pirata

A Livraria Suévia celebra un ContaContos Pirata + Obradoiro de Monicreques de pau

Cartaz Piratas
Cartaz Piratas

O vindeiro sábado 28 de abril, ás 12.00h, celébrase na Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32) un ContaContos Pirata co que se celebra a Semana do Día do Libro. Ademais o mesmo Día 23 de Abril, Día do Libro e dos Dereitos de Autor,  farán un descontos do 10% en todas as compras.

As historias do ContaContos están baseadas nos seguintes libros ilustrados:

  • O Pirata pata de lata de Oli. Kalandraka
  • El Pirata de la pata de pata de José Andrs. Nubeocho
  • Daniela Pirata, de Susanna Isern. Nubeocho
  • El pequeño pirata Serafín de Alicia Acosta. Nubeocho

Ao remate do contacontos, as nenas e nenos participarán un obradoiro de elaboración dun Monicreque de pau pirata.

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.