Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Debate sobre “A Vivenda e outros factores de exclusión social no noso Barrio"

O NOSO BARRIO CONTA

CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023

Debate sobre “A Vivenda e outros factores de exclusión social no noso Barrio"
Debate
Debate

A Asociación de Veciñas e veciños Oza Gaiteira Os Castros, tal e como ven sendo costume, volve convocar tres parladoiros-debate ante cada convocatoria electoral que afecta á nosa comunidade. Estes eventos terán lugar nas instalacións do Fòrum Metropolitano.

O terceiro parladoiro terá lugar o mèrcores 10 de maio ás 19 horas e terá como tema principal "A Vivenda e outros factores de exclusión social no noso Barrio".

Os ponentes que participarán son: Sra. D.ª Yoya Neira Fernández do PSdeG PSOE, Sr. D. Antonio Deus Álvarez do Partido Popular, Sra. D.ª Avia Veira González do BNG, Sra. D.ª Chiqui Garcia da Marea Atlántica, Sra. D.ª Carmen Armada Martínez de Por Coruña.

Esta é unha oportunidade importante para escoitar os representantes políticos e as súas ideas para mellorar a calidade de vida no noso barrio. Non perda esta oportunidade para aprender máis sobre o futuro do noso barrio!

Debate sobre “A Vivenda e outros factores de exclusión social no noso Barrio"