Deportes

A Marea Atlántica denuncia que o goberno municipal incumpre a súa palabra de licitar en outubro o contrato das escolas deportivas

Levamos desde antes do verán pedindo un programa de actividade física adaptado a situación actual, pero o goberno escolle non exercer as súas competencias

A Marea Atlántica denuncia que o goberno municipal incumpre a súa palabra de licitar en outubro o contrato das escolas deportivas
deporte (imaxe de Marea Atlántica)
deporte (imaxe de Marea Atlántica)

A Coruña, 8 de setembro de 2020.- A Marea Atlántica denuncia que a situación da empresa Amartya segue sen resolverse, a pesar das promesas do goberno local: 32 persoas continúan en ERTE, incumprindo o compromiso de manter o emprego nos servizos municipais. A concelleira Claudia Delso denuncia que “o novo contrato non vai estar licitado e en funcionamento o 1 de outubro, como se asegurara desde o executivo, non hai data de comezo das escolas deportivas municipais, nin previsión de alternativas, nin nada en absoluto. Só abandono e inacción”.

“Levamos desde antes do verán pedíndolle ao goberno municipal que exerza as súas competencias e planifique un programa de actividades deportivas adaptado á situación actual --engade Claudia Delso--. É importante ofrecer actividades ao aire libre, axudando á coidar da saúde da poboación a través do deporte, como recomenda a OMS, en lugar de permanecer de brazos cruzados”. Neste caso, ademais, serviría para manter postos de traballo na durisima crise que estamos a vivir.

San Diego, tamén con varios postos de traballo no aire

Doutra banda, e c omo denunciamos a semana pasada, tamén segue en ERTE a maioría da plantilla do polideportivo de San Diego, xestionado pola empresa SUPERA. Tras as nosas advertencias, ampliouse o horario das instalacións, pero non se recuperaron todos os postos de traballo. “A empresa continúa sen ser fiscalizada e non se estudou a forma de devolverlle as cuotas á veciñanza á que se lle cobraron íntegras por un servizo reducido”, explica a concelleira Delso. E engade que “a xestión Área de Deportes foi un absoluto desastre no que vai de mandato, e a nova responsable, Mónica Martínez, ten que poñerse a traballar se quere achegar algo máis que a súa condición de tránsfuga”.

Comentarios
A Marea Atlántica denuncia que o goberno municipal incumpre a súa palabra de licitar en outubro o contrato das escolas deportivas