comercio dos mallos

Coraxe Mallos, para saír adiante

Coraxe Mallos, para saír adiante

Estamos con vós. De Esta salimos xunt@s, coma sempre. Somos #CoraxeMallos. ¿É ti? Apoia ó barrio coa nosa guía https://www.entrenosdigital.com/articulo/comercio-dos-mallos/guia-comercial-mallos-estacion-viono/20190724115054007965.html #coraxeMallos #Comerciolocal #comerciodebarrio #veciñanza #mercanobarrio #OsMallos #ACoruña #medramosxuntas #distritomallos #guerrilladosmallos

A coraxe dos Mallos

O 2020 demostrounos que todo pode cambiar nun dicir “amén”, que dun golpe inesperado o mundo dá a volta e todo o que crías seguro desaparece sen remedio. O 2020 foi sinónimo de portas pechadas, de rúas baleiras, de impotencia e confusión.

A pandemia púxonos a proba a todos e mesmo, algunhas veces, gañounos. Baixamos os brazos, cansámonos de esperar e rendémonos. Pero... sabes que é o mellor do 2020? Que xa pasou, xa se foi.

Agora é a nosa quenda de gañarlle a batalla, de demostrarlle ao mundo o que significa a coraxe ao puro estilo Mallos. Porque a nosa coraxe é o valor de seguir en pé, de resistir cando veñen mal dadas e poñerlle boa cara a este temporal. Hai unha seguridade que non pode arrebatarnos toda esta desgraza: A seguridade de que sairemos todos xuntos, sen deixar a ninguén atrás... Como sempre foi. Isto é a coraxe dos Mallos: O barrio abríndose paso como a herba entre o asfalto. Os veciños convertidos en familia, a nosa esencia. Medraremos xunt@s, de xeito conxunto. Volveremos ás rúas e aos bares. Volveremos cruzarnos con fulano na tenda da esquina, lembraremos como era aquilo do achegamento social. Pero o momento é agora, a ocasión empeza xa.

Non podemos deixar pasar esta oportunidade de salvar o noso, entre todos, entre nós. Este é un compromiso, unha promesa e unha seguridade. Agora, máis que nunca, aposta polo comercio local, apoia ao teu barrio... Confía nos teus veciños.

Atentamente: A familia de EntreNósDixital.

Coraxe Mallos, para saír adiante