Paz y Noviolencia

Os pobos europeos ergueron a voz pola paz na Coruña

Arredor dun centenar de persoas participaron este venres 9 de maio na concentración “Os Pobos Europeos Pola Paz”, organizada pola plataforma cidadá A Coruña pola Paz na praza de Pontevedra, e que se enmarca dentro da convocatoria continental promovida polo European Peace Project, coincidindo co 80 aniversario do final da Segunda Guerra Mundial.

Os pobos europeos ergueron a voz pola paz na Coruña
9M 02
9M 02

O acto deu comezo cunha sesión de BioDanza pola Paz, dinamizada pola artista Concha Pita Conde, que convidou ás persoas asistentes a conectar, desde o movemento colectivo, co desexo de paz entre pobos.

A continuación, leuse publicamente o manifesto europeo, no que se denunciou a deriva militarista da Unión Europea e se afirmou que “Europa significa nunca máis a guerra”. A cidadanía participante ergueu a súa voz contra a escalada armamentista, reivindicando o espírito fundacional dunha Europa de paz, cooperación e solidariedade.

O acto continuou cun homenaxe ás vítimas da guerra, do odio e da indiferencia en todo o mundo, no que se ofreceron flores como xesto simbólico. Durante este momento, fíxose especial mención ás vítimas da violencia en Palestina: “A cidadanía europea non esquecemos as vítimas que deixou a guerra por todo o mundo. Hoxe, máis ca nunca, temos moi presente o xenocidio contra Palestina, que está a perpetrar o goberno israelí coa complicidade dos gobernos e das institucións europeas. Denunciamos esa complicidade e esiximos o seu fin".

9M 01
Homenaxe ás vítimas da guerra

Os pobos europeos ergueron a voz pola paz na Coruña