BNG | nota de prensa

O BNG rexistrou o martes un rogo para o Concello recorrer a sentenza que recoñecía dereitos indemnizatorios aos franco e celebra que a alcaldesa anunciase hoxe o recurso

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou este martes un rogo oral á alcaldesa para esta dar instrucións aos servizos xurídicos do Concello en orde a que se presentase un recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial que recoñece aos herdeiros do ditador Franco dereitos indemnizatorios polos gastos feitos no Pazo de Meirás.

 

O BNG rexistrou o martes un rogo para o Concello recorrer a sentenza que recoñecía dereitos indemnizatorios aos franco e celebra que a alcaldesa anunciase hoxe o recurso
Pazo_de_Meirás_05
Pazo_de_Meirás_05
A Coruña, a 25 de febreiro de 2021.- O BNG, por tanto, non pode menos que congratularse ante o anuncio feito pola alcaldesa este mesmo xoves de que, con efecto, o Concello interporá ese recurso.

Na exposición de motivos deste rogo, Jorquera aducía que indemnizar con diñeiro público os beneficiarios dun espolio sería tanto como unha “humillación para calquera demócrata  e unha ofensa a todas as persoas que levan décadas loitando pola recuperación da memoria e contra a impunidade do franquismo”.

Comentarios
O BNG rexistrou o martes un rogo para o Concello recorrer a sentenza que recoñecía dereitos indemnizatorios aos franco e celebra que a alcaldesa anunciase hoxe o recurso