Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero | nota de prensa

Magosto en Labañou

A Asociación veciñal Francisco Rodríguez Otero realizará o magosto este  29 de outubro nas pistas das Casas do Carme, detrás do centro de saúde de Labañou.
Magosto en Labañou
Cartaz magosto en Labañou
Cartaz magosto en Labañou

Ás 18:30h haberá un passarúas desde o colexio CEIP de Practicas ata as pistas de Labañou, convidamos aos nenas e nenos do barrio que leven as súa cabezas para facer unha procesión por todo o barrio. Neste pasarrúas acompañaranos a Asociación Cultural Donaire e tamén seguirán animando o torreiro da festa á chegada á praza. Haberá castañas de balde nas pistas de Labañou.

Para rematar o magosto actuará o dúo Caamaño&Ameixeiras, recentes gañadoras do premio Martin Codax na modalidade Folk, que darán o primeiro concerto despois de obter este premio.

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional. De natureza principalmente instrumental, aínda que incorporando tamén algún tema vocal coidadosamente escollido, Caamaño&Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular pero incorporan recursos contemporáneos.

Magosto en Labañou