Podemos | nota de prensa

Unidas Podemos A Coruña reuniuse co Comité de Empresa de Alú Ibérica

A concelleira de Podemos Coruña, Isabel Faraldo, a Coordinadora Local de Esquerda Unida Coruña, Carmen Armada, e Jose Burón, Secretario do Partido Comunista da Comarca de A Coruña, reuníronse co Comité de Empresa de Alú Ibérica para escoitar as demandas ante o ERTE presentado o pasado venres. 

Unidas Podemos A Coruña reuniuse co Comité de Empresa de Alú Ibérica
Reunión de Unidas Podemos co Comité de Empresa de Alu Ibérica
Reunión de Unidas Podemos co Comité de Empresa de Alu Ibérica

A Coruña, 28 de Outubro do 2021. O pasado Venres 22 de Outubro, o Administrador Xudicial presentou a proposta de ERTE para as plantas de A Coruña e Avilés. Na planta de Avilés xa se comenzou a negociación deste ERTE, a planta da Coruña ainda está a espera. “Como xa denunciamos reiterativamente, parte do Comité de Empresa está despedido, dentro dun contexto de represión sindical que denunciamos en Maio ante o Europarlamento” din dende Unidas Podemos A Coruña. 

Dende o partido esixen unha readmisión inmediata das persoas despedidas e demandan unha solución industrial inmediata, a Coordinadora Local de Esquerda Unida Coruña, Carmen Armada, sinala: "Este conflicto solucionase con vontade política, de longas xuntanzas de negociación entre todas as administracións, dende a Xunta de Galicia ata o Goberno Central e as plantas para garantir un futuro industrial no noso país. É o momento da defensa da industria, da defensa das plantas e a defensa dos dereitos laborais e sindicais". 

Por outra banda, a concelleira de Podemos no Concello de A Coruña, Isabel Faraldo comenta: " Esiximos unha intervención inmediata da SEPI durante o tempo que se estime necesario. Nós dende A Coruña, e o noso grupo parlamentario dende o Congreso apoiaremos esta medida que é necesaria". 

Unidas Podemos e o Comité de Empresa entenden que a intervención non debe ser puntual, Jose Burón, Secretario do Partido Comunista da Comarca de A Coruña, comenta: "Entendemos que dentro dun sector estratéxico, como é a producción de aluminio, sempre debera haber unha parte pública nese tanto por cento do capital". 

O mércores, 27 de Outubro, o Secretario Xeral de Galicia en Común e diputado, Antón Gómez Reino, envioulle unha carta á Ministra de Industria, Reyes Maroto, pendindo de urxencia a convocatoria da mesa industrial de seguemento para dar viabilidade a planta de Alú Ibérica, tanto na Coruña, como en Avilés.

Unidas Podemos A Coruña reuniuse co Comité de Empresa de Alú Ibérica