Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica reclámalle ao goberno local que dialogue co persoal de parques e xardíns

María García: “O contrato leva caducado desde xuño, os novos pregos nin sequera se fixeron públicos e o goberno nin falou co comité de empresa"
A Marea Atlántica reclámalle ao goberno local que dialogue co persoal de parques e xardíns
María García co persoal de Parques e Xardíns
María García co persoal de Parques e Xardíns

A voceira da Marea Atlántica, María García, reuniuse esta semana co Comité de Empresa do servizo de parques e xardíns e puido constatar que o proceso de licitación do novo contrato de mantemento e conservación de parques e xardíns está completamente paralizado, a pesar de que o anterior leva caducado desde xuño, “e non existe diálogo ao respecto nin coa oposición nin co persoal. Os pregos non se fixeron públicos, a pesar de que o reclamamos en numerosas ocasións, renunciando a recibir achegas profesionais e veciñais. Este xoves pediremos explicacións na Comisión de Medio Ambiente, convocada a petición da Marea Atlántica”. 

Por iso, pedímoslle a alcaldesa que escoite as demandas do cadro de persoal do servizo de mantemento de parques e xardíns, que non foi recibido polo goberno. O que piden ten toda a lóxica: que se estude o reparto do contrato en lotes, para que non existan diferenzas salariais en función da zona da cidade na que se traballe. A tarefas iguais, dereitos iguais., 

Finalmente, esiximos que se acredite en que se gastaron os 6,6 millóns de euros dos que dispuxo o Concello entre 2019 e 2020 dentro da bolsa de melloras prevista no contrato para coidar das zonas verdes. “O goberno local non é quen de aclarar en que se investiu, a pesar das repetidas solicitudes, nunha moi preocupante falta de control sobre os recursos públicos”, advirte María García. 

Zonas verdes: calidade de vida e resistencia climática 

O incumprimento sistemático de todos os acordos e iniciativas relacionadas co Medio Ambiente resultan especialmente preocupantes despois do estudo internacional que sinalaba Á Coruña coma unha das cidades europeas con peor acceso ás zonas verdes. A Estratexia de Infraestrutura Verde deseñada no mandato da Marea Atlántica está gardada nun caixón desde xuño de 2019, e nada se sabe nin dos proxectos dos Bosques da Coruña en Feáns e nos Rosales nin das sendas fluviais previstas, nunha total mostra de desinterese polos espazos naturais. Desinterese que se estende á proposta cidadá do Parque Cidade no Martinete, que debería ser tida en conta polo executivo local. 

Ter un parque cerca da casa é un recurso para o benestar e a saúde da poboación urbana e, tal e como sinala a OMS, relaciónase coa esperanza de vida. “Os parques e xardíns fan barrios máis habitables, melloran a paisaxe, proporcionan espazos de lecer e de encontro e facilitan o contacto coa natureza”, explica a nosa 

As áreas verdes son tamén importantes desde unha perspectiva ecolóxica, e recomendadas dentro do pacto verde europeo. A vexetación urbana e os espazos naturais fixan CO2, moderan as temperaturas, reducen a contaminación atmosférica e a percepción de ruído, incrementan a biodiversidade e axudan a regular o ciclo da auga. Son cruciais na loita contra a crise climática. Por iso sorprende a pouca atención que lles dedica este goberno, nunha evidente falta de compromiso ecolóxico. 

Por último, na Comisión de Medio Ambiente tamén se debaterá sobre a parálise das políticas de residuos, nun punto solicitado polo noso grupo. Os avances para renovar o contrato de Nostián, este caducado a finais de 2019, son iguaia a cero. E non se están a aproveitar ningunha das melloras do renovado servizo de recollida de lixo. 

Comentarios
A Marea Atlántica reclámalle ao goberno local que dialogue co persoal de parques e xardíns