Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica percorre os barrios para informar unha empresa municipal de enerxía

Saímos as rúas para reivindicar a creación de “Coruña Enerxía” tal e como se acordou co PSOE no pacto de investidura

A Marea Atlántica percorre os barrios para informar unha empresa municipal de enerxía
20210726_SGR_reparto_labanhou_Z7F4155
Reparto en Labañou

Logo de dous anos sen avances e en medio dunha subida da luz en todos os fogares, cómpre crear xa unha empresa municipal 100% pública con capacidade para ofrecer prezos sociais e con fontes de enerxía renovables

A Marea Atlántica iniciou hoxe un percorrido polos barrios da Coruña co obxectivo de informar á veciñanza sobre as vantaxes de crear na Coruña unha empresa municipal de enerxía, tal e como se acordou co PSOE no 2019 para o pacto de investidura.

A nosa voceira, María García, explica que “É urxente avanzar na creación de Coruña Enerxía, é un dos puntos que incluímos no pacto de investidura e, despois de dous sen facer nada e en medio dun tarifazo eléctrico sen precedentes, xa non hai escusa. Inés Rey ten que cumprir a súa palabra”.

No pasado Pleno da Coruña aprobouse a moción que presentamos reclamando a creación desta empresa municipal co apoio da corporación agás a abstención do PP.

Cal é a proposta de Coruña Enerxía?

Dentro do permitido pola Lei do Sector Eléctrico, Coruña Enerxía ocuparíase de adquirir enerxía nas mellores condicións de calidade, sustentabilidade e prezo, dando prioridade ás fontes renovables e coa posibilidade de instalar as súas propias instalacións de produción enerxética.

Ademais, Coruña Enerxía podería darlles servizo aos fogares con menos recursos, “para cubrir as necesidades básicas mínimas e suficientes”, do mesmo xeito no que Emalcsa xa garante o mínimo vital de auga grazas a un dos aínda escasos acordos coa Marea Atlántica que si foron cumpridos.

En definitiva, a creación de “Coruña Enerxía” é unha solución:

  • Sostible: Que aposte pola enerxía 100% renovable e polas estratexias de loita contra a emerxencia climática.
  • Pública, coma a empresa municipal de augas EMALCSA, que abasteza edificios e instalacións municipais e atenda tamén a fogares na cidade.
  • Prezos xustos: Amortiguando as flutuacións do mercado, unha xestión da enerxía conforme ao interese xeral.
  • Social: sen cortes de luz ás persoas sen recursos.
  • Metropolitana: Alén da Coruña, podería abastecer a todos os concellos da comarca.
  • Na vangarda: En Galicia seria pioneira, ao fío de iniciativas similares en cidades como Barcelona e Cádiz. Alí xa existen eléctricas municipais que funcionan en base ao ben común, e non na procura do máximo beneficio empresarial.

Axenda de repartos

  • Luns, 26 de xullo: Labañou
  • Martes, 27 de xullo: Agra (Praza das Conchiñas) Mércores, 28 de xullo: Montealto
  • Xoves, 29 de xullo: A Gaiteira Venres, 30 de xullo: Monelos

 

Comentarios
A Marea Atlántica percorre os barrios para informar unha empresa municipal de enerxía