Podemos | nota de prensa

Podemos A Coruña presenta unha moción en defensa e apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública

A concelleira de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, solicita ao Goberno Municipal un comunicado institucional de apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública para o domingo 14 de Novembro, ás 12H, en Santiago de Compostela.
Podemos A Coruña presenta unha moción en defensa e apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública
Isabel Faraldo
Isabel Faraldo

A Coruña, 21 de Outubro do 2021.- O domingo 14 de Novembro, ás 12H, a plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago de Compostela para defender unha sanidade pública e presencial na nosa comunidade. Tanto a concelleira de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, como a propia plataforma reclámanlle ao SERGAS a recuperación da acessibilidade aos centros asistenciais, o incremento do cadro persoal, e repoñer a Xerencia de Atención primaria. 

Isabel Faraldo, concelleira de Podemos A Coruña, comenta: ”A Xunta de Galicia do señor Nuñez Feijóo é o único responsable do deterioro da Atención Primaria en beneficio da sanidade privada. Se non facemos unha forte presión social e profesional para conseguir cambios de calado, a nova realidade post-pandemia pode deterioar aínda máis a situación”. 

Por todo iso, o partido rexistra unha moción na que solicita unha declaración de apoio institucional por parte do goberno municipal e que o Concello poña a disposición da veciñanza autobuses gratuítos para quen queira asistir a dita manifestación.

Podemos A Coruña presenta unha moción en defensa e apoio ás reivindicacións da plataforma SOS Sanidade Pública