Marea Atlántica | nota de prensa

Primeira xuntanza da Mesa Social de Vivenda

Onte tivo lugar no Centro Cívico dos Mallos, unha xuntanza da Mesa Social de Vivenda convocada como parte do pacto entre o goberno local e a Marea Atlántica, para impulsar un Plan Municipal polo Dereito á Vivenda 2022-2026. 
Primeira xuntanza da Mesa Social de Vivenda
20220126_SGR_mallos_mesa_vivenda_Z7F2005
20220126_SGR_mallos_mesa_vivenda_Z7F2005

No encontro participaron unha vintena de entidades que traballan pola vivenda digna e coas persoas sen fogar, xunto á voceira e vicevoceiro municipais da Marea Atlántica, María García e Iago Martínez, xunto co concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira. Esta rolda de encontros coa sociedade organizada continuará o venres,

O acordo sobre políticas de vivenda asinado pola Marea Atlántica e o PSOE en decembro ten dúas vertentes. A máis inmediata, que suporá destinar nove millóns de euros en 2022 a medidas como unha bolsa de alugueiro social, a compra de inmobles e soares para a promoción de vivenda pública e o aumento das axudas á rehabilitación, entre outras cousas.

E a segunda vertente, a que se puxo hoxe sobre a mesa, é un cambio na planificación das políticas de vivenda do concello, para achegalas máis ás necesidades da xente e menos ás do mercado inmobiliario, e para facelo dun xeito aberto e participado.

Comentarios
Primeira xuntanza da Mesa Social de Vivenda