Urbanismo

Un total de 250 veciños e veciñas presentaron alegacións en contra do proxecto das Percebeiras

Esta semana a veciñanza do Grupo María Pita e de avenida de Labañou presentaron alegacións ao DAE referente ao Plan Especial Labañou – PE M18. Estas alegacións reforzan específicamente as xa presentadas polos 48 colectivos promovidas pola asociación veciñal do barrio.
Un total de 250 veciños e veciñas presentaron alegacións en contra do proxecto das Percebeiras

Estas alegacións céntranse na afectación as condicións da vida diaria do barrio, e no contorno mais inmediato e próximo á urbanización prevista, o do grupo de vivendas do grupo Maria Pita e o das vivendas da Avenida Labañou. 

A veciñanza considera un despróposito que se peche o barrio con edificios que non respetan a escala das vivendas actuais. O barrio quedaría totalmente tapado polas novas construccións, alterando a paisaxe do litoral impidindo notablemente sua vista. Tamén destacan que desde a maior parte do espazo común que prevee o plan  apenas tería vistas da Torre de Hércules.

Tampouco entenden que o DAE non faga un estudio de asollamento, xa que a contrución de edificios de tantas alturas vai ter un impacto nas condicións térmicas dos pisos xa existentes, facendo que as casas sexan máis frías e que teñan que gastar moito máis en calefacción.

A veciñanza tamén amosa a súa preocupación porque se vai aumentar o problema de aparcamento na zona, xa que se prevee un incremento de case 1000 persoas de poboación, máis toda a xente que atraian os baixos comerciais pero só se van aumentar 62 prazas en superficie. Tamén preveeen un forte incremento do tráfico, pero no DAE botan de menos que apenas se teña en conta o transporte público.

A agra das Percebeiras, pola sua localización e situación, no bordo litoral urbano, e como lugar de encontro e convivencia da veciñanza, debe destinarse a zona verde e espazo libre, públicos, para o cal o Concello conta cos instrumentos suficientes e precisos, como é o da modificación puntual do PXOM. 

Aquí se poden ver as alegacións, as propias dos que viven no Grupo María Pita:

https://avlabanhou.files.wordpress.com/2020/10/alegacion_maria_pita_dae_plan_especial_labanou_pe_m18_definitivo.pdf

 

E as dos que viven no entorno da avenida de Labañou:

https://avlabanhou.files.wordpress.com/2020/10/alegacion_avenida_barrio_dae_plan_especial_labanou_pe_m18_12_10.pdf

Comentarios
Un total de 250 veciños e veciñas presentaron alegacións en contra do proxecto das Percebeiras