CUAC FM

CUAC FM estreará no Teatro Colón o documental “Nada Que Ver”, un percorrido pola historia da Emisora Comunitaria da Coruña

A  estrea mundial do documental terá lugar o Xoves 10 de febreiro de 2022. A entrada terá un custe simbólico, que se destinará íntegramente á Cociña Económica.

O documental foi dirixido polo cineasta Iago Prada e condensa 25 anos de actividade radiofónica e asociativa.

CUAC FM estreará no Teatro Colón o documental “Nada Que Ver”, un percorrido pola historia da Emisora Comunitaria da Coruña
Cartel-docu-xenerico-01
Cartel-docu-xenerico-01

Dentro dos actos conmemorativos do 25 aniversario de CUAC FM, o vindeiro 10 de febreiro estrenarase, no Teatro Colón da Coruña, o documental “Nada que ver”, no que se relata a historia da emisora comunitaria da Coruña dende a súa fundación, en 1996 ata a actualidade. 

A longo destes 25 anos, CUAC FM conta con máis de 475 programas emitidos e máis de 1.600 persoas que participaron na nosa emisora, algúns dos cales serán protagonistas desta producción audiovisual. 

O documental “Nada que ver” está dirixido polo cineasta Iago Prada, que asumiu o desafío de comprimir estes 25 anos de historia do Colectivo de Universitarios Activos (CUAC). Un documental, que a día de hoxe atópase en proceso de postproducción. Prada foi asimesmo integrante de CUAC FM e coñece de primeira man a nosa emisora. 

Dende CUAC concebimos esta peza audiovisual coma unha homenaxe, non so ás persoas que fixeron radio connosco durante estas dúas décadas e media, senón tamén ao resto das radios e televisións libres e comunitarias. 

Uns medios que levan garantindo o dereito a comunicar da cidadanía durante máis de 40 anos sen contar coa protección e impulso que merecen e que teñen na inmensa maioría dos paises do noso entorno. Así, os medios de comunicación comunitarios están defender novamente o seu futuro, a través da tramitación parlamentaria da nova Ley General de Comunicación Audiovisual. 

O documental está subvencionado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Coruña que cede o Teatro Colón para o evento. 

CUAC convida á cidadanía coruñesa a que participen nesta estrea mundial, cuxa entrada terá un custe simbólico. A recadación será destinada íntegramente a beneficio da Cociña Económica.

Comentarios
CUAC FM estreará no Teatro Colón o documental “Nada Que Ver”, un percorrido pola historia da Emisora Comunitaria da Coruña