Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

"Nada que ver" no Fórum Metropolitano

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa, dentro do seu ciclo Cinema de Barrio, NADA QUE VER, o documental polos 25 anos de CUAC FM.
"Nada que ver" no Fórum Metropolitano
Nada que ver
Nada que ver
No Forum Metropolitano, o día 4 de abril de 2022 ás 19:30h.

O documental, dirixido polo cineasta Iago Prada, relata a historia da emisora comunitaria desde a súa fundación, en 1996, ata a actualidade.

A longo destes 25 anos, CUAC FM conta con máis de 475 programas emitidos e máis de 1.600 persoas que participaron na nosa emisora, algúns dos cales serán protagonistas desta producción audiovisual. 

O documental “Nada que ver” está dirixido polo cineasta Iago Prada, que asumiu o desafío de comprimir estes 25 anos de historia do Colectivo de Universitarios Activos (CUAC). Un documental, que a día de hoxe atópase en proceso de postproducción. Prada foi asimesmo integrante de CUAC FM e coñece de primeira man a nosa emisora. 

Dende CUAC concebimos esta peza audiovisual coma unha homenaxe, non so ás persoas que fixeron radio connosco durante estas dúas décadas e media, senón tamén ao resto das radios e televisións libres e comunitarias. 

Uns medios que levan garantindo o dereito a comunicar da cidadanía durante máis de 40 anos sen contar coa protección e impulso que merecen e que teñen na inmensa maioría dos paises do noso entorno. Así, os medios de comunicación comunitarios están defender novamente o seu futuro, a través da tramitación parlamentaria da nova Ley General de Comunicación Audiovisual. 

O documental está subvencionado pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello da Coruña.

 

Entrada de balde ata completar aforo

"Nada que ver" no Fórum Metropolitano