Xogo para neofalantes

Rol en galego

Xurxo Díaz, enxeñeiro informático, ten unha proposta de entretemento para este Nadal no que os neofalantes terán a oportunidade de practicar o seu galego nun ambiente natural, sen medo nin vergoña, mentres disfrutan cos xogos de rol.

Rol en galego
Rol en galego
Rol en galego

Xurxo Díaz Pico é enseñeiro informático e un namorado da lingua. Estudou na Universidade da Coruña, na Universidade Tecnolóxica de Gotemburgo e na Pompeu Fabra en Barcelona. Trátase dun home moi polifacético e cheo de paixóns. Con só botar unha ollada nos seus perfís nas redes sociais podes intuir que Xurxo é un trotamundos disposto a contaxiar as súas inquietudes alá por onde pasa.

Como moitos dos xóvenes galegos, pasou parte da vida avergoñado da súa cultura, como si esta fose algo máis propio do pasado: “Eu era cidadán do mundo, eu era neutro, eu non tiña nada. Eu pensaba que así era máis moderno, pero era todo o contrario. O moderno é que cada un teña a súa cultura de seu.” Foi cando estudaba en Suecia cando entendeu que ter unha identidade cultural propia non era algo malo, máis ben era unha sorte: “alí, estábamos de diferentes lugares de Europa e do mundo estudando xuntos, cada un tiña a súa lingua e a súa cultura e aportaba un anaquiño.” Foi nese intre cando Xurxo comezou a usar o galego, pouco a pouco porque no primeiro momento dáballe corte. Porén seguiu tentando, ata hoxe que chega para presentarnos unha idea para que todos poidamos prácticar o galego sen ter medo a meter a zoca.

A idea é a seguinte: Xogos de rol en galego. Podemos xogar e de paso practicar a lingua fora dos lugares onde tradicionalmente o facemos, onde polo común a práctica está vencellada ás clases e onde temos medo a facelo mal. Xurxo invita á xente a crear espazos menos serios e académicos para que os neofalantes proben a desenvolverse con naturalidade.

Os xogos de rol son cada día máis populares, cada vez podes atopar máis espazos, dixitais ou físicos, adicados a este entretemento. “Os xogos de rol tratan de inventar unha historia. Cada un elixe un persoaxe e actúa como él", cóntanos Xurxo. É dicir, cada xogador interpreta un persoaxe da historia, dalle vida e carácter e as súas decisións cambian o rumbo do conto. Deste xeito podes pásalo ben mentres falas galego e de paso, podes mellorar a túa creatividade e capacidade imaxinativa. A maioría destes xogos básanse na estratexia e no teu talento para urdir o mellor plan.

 

A iniciativa de Xurxo dará comezo o próximo 26 de Decembro. Nesta primeira sesión entre as 12:00 e as 13:30 xogarase ó xogo: Pola Raíña. Onde os xogadores son os conselleiros dunha Raíña e por medio de cartas deberán ir respostando preguntas vencelladas á súa relación coa monarca, ata decidir se esta vive ou morre. O día 27 entre as 11:00 e as 14:00 estará a xogarse Nadal na Antártida, onde os xogadores son científicos encerrados na súa base que traizoarán, desexarán e asasinarán facendo gala de moi pouco autocontrol. A seguinte fin de semana tamén será rolera. O día 3 de Xaneiro Xurxo e os outros xogadores vivirán unha experiencia da man do universo Star Wars, onde aberá que infiltrarse mun casino para evitar un intercambio de datos.

 

Os interesados poden entrar no Discord de Galicia Rolera para ter máis información e apuntarse nas sesións. Xurxo invita a todos os neofalantes a darlle unha oportunidade ó rol, aínda que nunca tiveran xogado.

Comentarios
Rol en galego